+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

28/07/2013

1858: "Nacen" as pegadas dixitais.

Din que o 28 de xullo de 1858 o inglés Sir  William Herschell foi o primeiro en usar as pegadas dixitais como método de identificación persoal. Era o principal maxistrado  do distrito  Jungipoor da India e usou as primeiras pegadas dixitais para asinar os contratos cos nativos . Realmente, tirou a idea dun negociante local , Rajyaadhar  Kunai, que usaba a impresión da súa man na parte posterior dos contratos.
Que conste que xa na antigüidade se usou algo parecido, de feito, apareceron restos en arcilla dalgún xeito de pegada dixital en Babilonia, China ou Persia.

27/07/2013

1953: Armisticio de Panmunjeon.

O 27 de xullo de 1953 asinábase en Panmunjeon un acordo que poñía fin á guerra de Corea, a partir de entón  ese punto xeográfico converteuse no símbolo da división ideolóxica, militar e territorial das dúas Coreas.A guerra librouse entre o 25 de xullo de 1950 e o día do armisticio e na práctica enfrontou ao mundo capitalista (EE.UU. e países afíns) apoiando a Corea do Sur e ao mundo comunista (Unión Soviética e China) apoiando a Corea do Norte .
O problema é que a guerra rematou cun armisticio pero sen tratado de paz polo que a Península de Corea está en permanente estado de guerra...

21/07/2013

1933: Wiley Post,primeira volta ao mundo en solitario.

O 22 de xullo de 1933 o piloto Wiley Post completaba  a primeira volta ao mundo en solitario a bordo do  Lockheed Vega Winnie Mae despois de facer 25100 kilómetros en sete días, 18 horas e 49 minutos. O piloto comezara a súa aventura desde  New York o día 15 de xullo rumbo a Berlín onde fixera escala para seguir hacia a URSS, Alaska, Canadá e volta a N.Y.

Post diante do seu avión Winnie Mae



20/07/2013

1944: Operación Valquiria.

O 20 de xullo de 1944 o exército alemán intentou un golpe de estado para botar  do poder a Adolf Hitler e facerse co goberno. O atentado foi levado a cabo por un grupo de  oficiais da Wehrmacht ás ordes  de Claus von Stauffenberg, un coronel do exército membro da nobreza alemá, na chamada Operación Valquiria.
 Un maletín-bomba estoupou na Wolfsschanze ( "A guarida do lobo"), o cuartel xeral de Hitler, pero o Führer sufreu só feridas leves.
Que tería pasado se a operación non fracasase? Cal tería sido o rumbo da historia mundial? Nunca o saberemos.