+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

16/06/2012

2001: Alejandro Sanz

En 2001 empeza a  súa  xira "El alma al aire" o músico Alejandro Sanz .

Unha de cine: Love story


Tal día coma hoxe nacía en 1937 o escritor Erich Wolf Segal, escritor norteamericano autor da novela titulada Love Story. En 1970 foi levada ao cine por Arthur Hiller protagonizada por  Ali MacGraw e Ryan O'Neal.
Queres descargar bágoas? Dálle ao play, non hai mellor terapia para unha boa choremia. Snif, snif...!!

STS-95, Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional 1999


Hoxe vai de noticias do espazo. Igual andamos na lúa...
En 1999 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional á tripulación do Discovery da misión espacial STS-95: Chiaki Mukai, John Glenn, Pedro Duque e o astronauta ruso Valery Poliakov.

Quen che dera , eh...!!

1898: Guerra EE:UU-España






Tal día coma hoxe do ano 1898, o exército dos EEUU bombardea Santiago de Cuba na guerra que mantén contra España polo poder sobre a que , daquela, era colonia española. Esta derrota trouxo , meses máis tarde, a firma do tratado de París.

15/06/2012

Os nativos americanos son recoñecidos como cidadáns dos EE.UU.

Tal día coma hoxe do 1924 os nativos americanos foron recoñecidos como cidadáns polo goberno dos Estados Unidos.
Antes de que o home blanco chegara a América os nativos xa estaban alí desde o principio dos tempos e tiñan as  súas propias terras, a súa propia lingua, a súa propia cultura e as súas propias formas de rendir culto aos seres "superiores". Logo chegaron os descubridores e empeñáronse en "civilizalos".
Neste blog vas atopar un "espazo indíxena" no que irás coñecendo as distintas etnias indíxenas orixinarias que aínda sobreviven e tamén saberás das que , por desgraza, xa desapareceron.


Despois de ver o vídeo , pensades que necesitaban ser "civilizados" por ninguén??

88 anos da publicación de " 20 poemas de amor y una canción desesperada"

Hoxe cúmprense 88 anos da primeira edición da obra de Neruda 20 poemas de amor y una canción desesperada.    Aquí vos deixo un anaquiño:

Poema 12
Para mi corazón basta tu pecho,
para tu libertad bastan mis alas.
Desde mi boca llegará hasta el cielo
lo que estaba dormido sobre tu alma.
Es en ti la ilusión de cada día.
Llegas como el rocío a las corolas.
Socavas el horizonte con tu ausencia.
Eternamente en fuga como la ola.
He dicho que cantabas en el viento
como los pinos y como los mástiles.
Como ellos eres alta y taciturna.
Y entristeces de pronto como un viaje.
Acogedora como un viejo camino.
Te pueblan ecos y voces nostálgicas.
Yo desperté y a veces emigran y huyen
pájaros que dormían en tu alma.

Primeira transfusión de sangue en humanos:1667

Tal día coma hoxe en 1667  Jean Baptiste Denys, médico francés, realizou a primeira transfusión de sangue en   humanos, o sangue era de ovella e para realizala usou como cánulas plumas de ave. Non esquezas que o sangue é vida.

35 anos das primeiras eleccións xerais.

Tal día coma hoxe de 1977  tiveron lugar as primeiras eleccións democráticas tra-la morte de Franco.Presentábanse moitos partidos, pero non todos conseguiron representación no Parlamento. Algúns daqueles partidos xa non existen e , seguramente, moitos nomes non che sonarán. Fíxate:
  • Adolfo Suárez, por entonces presidente do goberno  ( fora nombrado por Juan Carlos I en xullo de 1976). Partido polo que se presenta: UCD (Unión de  Democrático ). (166 escanos)
  • Felipe González: PSOE. (118 escanos)
  • Santiago Carrillo: PCE ( Partido Comunista de España). (19)
  • Manuel Fraga: AP ( Alianza Popular).(16)
  • Enrique Tierno Galván. PSP , un grupo de partidos que formaran parte da Federación de Partidos Socialistas. (6)
  • Joaquín Ruíz Jiménez.: Federación de Democracia Cristiana.
  • Tamén concurren partidos nacionalistas pero non todos acadaron representación parlamentaria:
  • Candidatura Aragonesa Independiente de Centro (1)
  • Euskadiko Ezkerra (1)
  • Esquerra de Catalunya (1)
  • Unión del Centre y de la Democrácia Cristiana de Catalunya (2).
  • Partido Nacionalista Vasco (8)
  • Pacte Democrátic per Catalunya , seguro que che soa o nome do seu líder: Jordi Pujol (11).