+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

07/07/2012

Anuncio mítico: Loita contra o cancro

Buahhhhh!!!
Un de chorar, un anuncio sobre o cancro e a maneira en que lle afecta ás familias; porque o cancro non só ataca ao enfermo, tamén mina aos que están ao lado.
Por iso, cando a un compañeiro de clase lle toca sufrilo dalgún xeito , procura prestarlle o teu apoio, si? Somos ou non somos solidarios? Aí estamos.


Parabéns , Sir Ringo Starr !!! All you need is Love

Tal día coma hoxe de 1940 nacía en Liverpool (Gran Bretaña)  Ringo Starr, músico ( compositor, batería, cantante) e actor . ´Fíxose famoso como batería da banda The Beatles. Moitos din que é o mellor bateria da historia da música.
Déixoche un vídeo do tema de John Lennon  All you need is love , porque foi publicada tal día coma hoxe de 1967.

1860: Nace Gustav Mahler

Tal día coma hoxe de 1860 nacía na República Checa Gustav Mahler.
Compositor e director de orquesta. Sitúase dentro do postromanticismo.Entre as súas obras destacan varias sinfonías , Festividade fúnebre ou Canción da terra.



1923: Nace Eduardo Falú.



Tal día coma hoxe e 1923 nacía Eduardo Falú: Guitarrista e compositor arxentino.
Compuxo moitas pezas en estilo folclórico con letra de grandes poetas como Jaime Dávalos, Ernesto Sábato ou Jorge Luis Borges, entre outros.
Déixovos un vídeo dun tema seu con letra de Dávalos, a imaxe non é moi boa, pero serve para que o coñezades:

1930: Morre Sir Arthur Conan Doyle

Tal día coma hoxe de 1930 morría Sir Arthur Conan Doyle en Crowborough.
Fíxose célebre pola creación do detective máis famoso do mundo mundial: Sherlock Holmes. Entre os títulos que protagonizou  o personaxe destacan  O sabueso dos Baskerville ou O arquivo de Sherlock Holmes

                                         .
Tamén é cración súa George Edward Challenger, "profesor Challenger", protagonista dunha serie de historias de ciencia ficción.
Escribiu novela histórica, por exemplo,  Rodney Stone , Sir Nigel  e outras obras de temática variada como: O relato de J. Habakuk ou O gran experimento de Keinplantz.





Tal día coma hoxe de 1930 morría Sir Arthur Conan Doyle en Crowborough.
                                               Fíxose célebre pola creación do detective máis famoso do mundo                             mundial:                                           Sherlock Holmes. Entre os títulos que protagonizou  o personaxe destacan  O sabueso dos Baskerville ou O arquivo de Sherlock Holmes

06/07/2012

1907: Nace Frida Kahlo.

Tal día coma hoxe de 1907 nacía en Coyoacán (México) a pintora Frida Kahlo. De ascendencia húngara e española.
Viviu sempre enferma, atormentada pola dor. En 1925 sufriu un terrible accidente no que rompeu a columna vertebral, o pescozo,a  pelvis, varias costelas..., así que imaxinaras que coa ciencia da época  tocoulle vivir un auténtico inferno.
A súa vida sentimental estivo marcada polo seu matrimonio co pintor muralista Diego Rivera.
O máis importante desta efeméride é que entres na vida artística desta muller, creo que te sorprenderá:
Se che parece interesante, podes ver a película que sobre a súa vida fixo Salma Hayek.

Anuncio mítico: Familia Philips.

Toma topicazos:
España son toros, fútbol e traxe de flamenca. Pois, mira, non moi lonxe da realidade actual.
Vale, list@, quen é a que canta??? Premio! Acertaches, é Carmen Sevilla.
Fíxate que tecnoloxía,eh...Eu este non o lembro,pregúntalle a teus avós , a ver se eles...; é bastante antiguo e na maioría das casas non había nada do que aquí se anuncia !!!

1962: Morre William Faulkner

Wiliam Faulkner naceu en 1897  e morreu en 1962, tal día coma Foi escritor: narrador, poeta e guionista de cine. Considérase o rival de Hemingway.
Escribiou moreas de novelas, relatos e poesías; pero os seus guións de cine son memorables: Ter ou non ter, O home do sur, Terra de faraóns, etc.
Foi Premio Nobel de Literatura en 1949; dúas veces premio Pulitzer (1955/ 1963) e National Book Award a título póstumo.

1854: Fúndase o Partido Republicano dos EE.UU.

Tal día coma hoxe de 1854 fundouse o Partido Republicano dos EE.UU.
É o partido máis conservador dos dous grandes partidos  dos Estados Unidos, diríamos que é "conservador laico". Economicamente é partidario do liberalismo ou neoliberalismo económico.
Na súa fundación era visto coma un partido progresista porque naceu para loitar pola abolición da esclavitude, daquela o seu rival, o partido dos demócratas era visto como máis conservador e co tempo os conservadores viraron á esquerda e os republicanos á dereita.
Foron presidentes republicanos: Lincoln, Roosevelt, Eisenhower, Nixon, Ford, Reagan, pai e fillo Bush e Obama.

1980: Nace Pau Gasol.

Tal  día coma hoxe nacía Pau Gasol en Barcelona. Non hai nada que eu che poida contar que ti non saibas xa, disfruta do vídeo.

1864: Fúndase a Cruz Vermella española.

Henry Dunant era un home de negocios. Nunha viaxe atopouse cerca de Solferino cunha batalla entre italianos, franceses e piamonteses.40.000 feridos e mortos!! En tal situación, vendo a homes feridos sufrindo, tentou axudar.
 A experiencia  marcouno tanto que escribiu o libro Recuerdo de Solferino onde plasma a idea de crear "sociedades de socorro en tempo de paz". Outros catro homes únense a el e forman o "Comité dos Cinco" dando orixe en 1863 ao Comite Internacional  da Cruz Vermella. Redáctanse  as bases, búscase o símbolo e comeza a andar. Hoxe dependendo da zona xeográfica podemos atopar os tres símbolos que ves aquí.
España é o 7º estado en entrar a formar parte da Organización.
Creouse tal día coma hoxe en 1864 e desde entón non deixou de  prestar axuda a quen o necesita.
Non esquezas que para que a Cruz Vermella funcione son necesarios cartos ( de vez en cando estírate e  solta un euro!), sangue ( en canto teñas os anos, faite doador!), medicamentos, etc.
Así que ...era ben que estiveses ao tanto e botases unha man nas campañas de recollida de cartos, xoguetes,libros, roupa, medicamentos, etc. O mundo dá moitas voltas e algún día podes ser ti o necesitado.

05/07/2012

Pippin- TVE : Anuncio mítico





Neste non hai comentarios.
Segue os consellos de Pippin, porque na vida hai máis cousas que a TV:

1976: Nace a ovella Dolly

Tal día coma hoxe de 1996 nacía a ovella Dolly, pero o Roslin Institute de Edimburgo non publicou a noticia ata o 23 de febreiro de 1997.
Que ten de especial Dolly? Que foi o primeiro mamífero clonado da histora. No momento supuxo un shock para a comunidade científica e provocou un profundo debate ético que ocupou durante semanas telexornais e periódicos.
O "pai" da ovella Dolly foi o británico Ian  Wilmut.
De raza "Fim Dorset", foi sacrificada o 14 de febreiro de 2003 con seis anos de idade ( o normal nas ovellas son 11 ou 12 ) porque desarrollou unha enfermidade dexenerativa de pulmón. Na súa vida pariu seis años, co que quedou demostrado que un animal clonado pode criar sen problemas.
Desde entón os avances foron moitos e moi importantes na investigación de enfermedades raras e/ ou dexenerativas.
Déixoche un esquema do proceso , está en catalán pero enténdese moi ben, non?

1811: Declaración de Independencia de Venezuela.

Tal día  coma hoxe de 1811 aprobouse a Acta de Independencia de Venezuela e ratificouse despois o 7 de xullo. Así ,Venezuela deixaba de estar baixo o dominio español e comenzaba no resto do continente o proceso que levaría á Independencia dos distintos estados.
Aquí che deixo un dos parágrafos máis importantes:
"Cuantos Borbones concurrieron a las inválidas estipulaciones de Bayona, abandonando el territorio español, contra la voluntad de los pueblos, faltaron, despreciaron y hollaron el deber sagrado que contrajeron con los españoles de ambos mundos, cuando, con su sangre y sus tesoros, los colocaron en el bono a despecho de la Casa de Austria; por esta conducta quedaron inhábiles e incapaces de gobernar a un pueblo libre, a quien entregaron como un rebaño de esclavos"

1885 : Nace o pintor André Lothe


André Lothe naceu en Burdeos o 5 de xullo de 1885 e morreu en París o 24 de xaneiro de 1962.
Foi un pintor moi importante dentro do cubismo, quixo adaptar o cubismo ao clasicismo, de feito na súa obra nótase un forte academicismo.
Foi moi importante tamén como mestre, entre os seus alumnos  máis  importantes destacan Tamara  de Lempicka, Henri Cartier- Bresson ou Robert Wehrlin.

Aquí tes un vídeo para ver a súa obra:

1969: Morre o debuxante arxentino Divito



José antonio Guillermo Divito naceu en BB.AA. o 16 de xullo de  1914 e morreu en Brasil o 5 de xullo de 1969.
Foi debuxante, humorista, caricaturista, editor e fundador da revista "Rico Tipo".
Pasou á historia polas súas mulleres, a ver que che parece:

04/07/2012

COCA-COLA ANOS 80: Anucio mítico

A ver que vos parece este anuncio dos anos 80, porque os que peinamos canas tamén somos modernos...

1997: A Mars Pathfinder pisa Marte


O 4 de xullo de 1997 a NASA pisa Marte coa  Mars Pathfinder.
Foi diseñada pensando en gastar pouco porque os gastos da NASA eran demasiado altos, pero ao final conseguiron o éxito.
As imaxes recollidas pola sonda deron a volta ao mundo a través dos medios de comunicación, foi un gran logro.


4 de xullo de 1776: Declaración de Independencia dos EE.UU

O 4 de xullo de 1776 o Congreso Continental adoptou a Declaración de Independencia .
No documento unhas trece Colonias Inglesas de Norteamérica declararon a súa independencia do Reino de Gran Bretaña, adoptaron o nome de Estados Unidos de América.
O redactor principal foi Thomas Jefferson.
Por iso os americanos celebran hoxe a súa festa da indepencia.

1934: Fallece Madame Curie.



Tal día coma hoxe de 1934 morreu Marie Curie.
Pasou á historia por os seus estudos sobre a radiactividade.
Para que poidas informarte a fondo e de maneira amena déixoche un enlace para que navegues buscando datos sogre Marie Curie.
http://www.quimicaweb.net/webquests/marie_curie/marie_curie_y_la_radiactividad.htm

1972: A maioría de idade das mulleres baixa dos 25 aos 21 anos.


Tal día coma hoxe de1972, a maioría de idade das mulleres pasa dos 25 aos 21 , a mesma dos homes.
É moito máis importante do que poidas pensar: Ata entón, as mulleres non podían deixar o domicilio famiiar sen permiso do pai máis que para  casarse ou para ir a un convento. (art. 321 do Código Civil). Xa casadas, tiñan que presentar a "licenza marital"  para traballar, desempeñar cargos públicos, abrir unha conta nun banco ou sacar o pasaporte.

03/07/2012

Si bebes, no conduzcas: Anuncio mítico

Non hai que ser moi listo para saber que é certo. Este enuncio foi un aunténtico "bombazo" no seu momento, e a frase quedou grabada para sempre no noso maxín. Se o comentas na casa, diránche quen era o cantante,  como todos decían a frase cando salían, e como a xentiña imitaba o movemento de cabeza do protagonista. Ensínao e verás. Déixoche outra canción de Steve Wonder por se a teus pais ou a teus avós lles falla a memoria sobre o cantante:

1997: Álvaro Mutis, VI Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana


Tal día coma hoxe de 1997 concedéronlle o Premio Reina Sofía de Poesía , pero tamén ten o Príncipe de Asturias e o Premio Cervantes.  É un gran novelista e poeta colombiano. Eu non digo máis , mira este vídeo , el mesmo se presenta.

1976: Adolfo Suárez é nombrado presidente.


Adolfo Suárez naceu en Ávila en 1932.
Foi o primeiro presidente de Goberno despois de morrer Franco. O 3 de xullo de 1976 o rei Juan Carlos I nombrouno presidente e encargoulle formar un goberno e desmontar as "estructuras franquistas".
Máis tarde, o 15 de xuño de 1977 celebráronse as primeiras eleccións xerais libres desde 1936. Ganou el como representante da UCD ( Unión de Centro Democrático).

02/07/2012

1994: Conchita Martínez gana Wimblendon.

O 2 de xullo de 1994 , Conchita Martínez convertiuse na primeira tenista española en ganar Wimblendon.
Sabíalo?? É probable que non,porque igual que noutros deportes os nomes das mulleres teñen menos importancia.
 Propóñoche un reto, busca en distintos deportes os nomes dos ganadores en distintas competicións, verás que en moitas disciplinas os triunfos femininos apenas saen nas noticias , algún nome individual ou moi mediático , pero en canto a seleccións ...Aceptas o reto? Busca logo.

1966: Francia fai o seu 1º ensaio atómico en Mururoa.


O 2 de xullo de 1966 Francia realizou o seu  primeiro ensaio atómico no atolón de Mururoa, na Polinesia Francesa ( Pacífico Sur). 
Trinta anos botaron os franceses facendo alí os seus ensaios ,ata que  en 1996 o goberno francés cedeu á presión internacional , fixo as súas últimas  probas e desmantelou o campo de probas. Non era sen tempo...!

1816: Simón Bolívar decreta a liberdade dos esclavos.




Tal día coma hoxe, un 2 de xullo  de 1816, Simón Bolívar concedeu a liberdade dos esclavos de Venezuela. A continuación tes o enlace do texto do decreto:
http://es.scribd.com/doc/9416313/Simon-Bolivar-Decreto-de-libertad-de-los-esclavos

Anuncio mítico: Póntelo, pónselo. (1990)



A que se armou con este anuncio...
Pero digo eu que é de sentidiño facer as cousas con xeito e non se pode ir a ningures sin protección. Mira, ao mellor ver o anuncio con vosos pais dávos  ánimos para falar de sexo con naturalidade  e algún día teredes que falar, non?  
Oes..., se che parece normal ver con eles anuncios de refrescos , aproveita a ocasión para preguntar se se acordan deste anuncio e despois fala con eles. De onde cres que saíches ti??




01/07/2012

LIMÓN SCHWEPPES, 1989: Anuncio Mítico


O anuncio é mítico. Ben podería ser de hoxe. Propóñoche un reto: tes que adiviñar de quen é a canción, quen a canta ( non é o seu intérprete orixinal), que película recrea cando entran na cova...Amiguiñ@ non che queda outra que volver a preguntar a pais e avós...Eles si que saben , eh...!!! Pregunta logo.

Juan Carlos Onetti: un de xullo de 1909

Tal día coma hoxe de 1909 nacía en Montevideo Juan Carlos Onetti. Morreu en Madrid en 1994.
Foi un gran escritor, non sempre ben valorado.
En 1908 concedéuselle o Premio Cervantes en recoñecemento ao seu labor literario.
Escribiu ,entre moitísimos outros , os seguintes libros: La vida breve, Cuentos, El astillero.
Escollín como vídeo un fragmento de El pozo, na voz de Eduardo Galeano, un dos meus escritores favoritos. Espero que che entren ganas de saber máis...

                                      

1914: Nace a televisión.



Tal día coma hoxe de 1914 o científico británico Archibal Low presentaba, á comunidade científico-técnica e ao público en xeral , o primeiro modelo de televisión. En realidade era un "trasto" ( xa o ves na foto) que transmitía unha serie de fotografías en movemento a gran distancia.
Se vira a que chegou o seu invento...