+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

04/08/2012

Anuncio mítico: Plastidecor

Que monos!

1897: Atópase a "Dama de Elche".

O 4 de agosto de 1897 descubriuse a "Dama de Elche" no xacemento arqueolóxico de "La Alcudia". Trátase dun busto tallado en pedra caliza, de orixe íbero de entre os séculos V e IV antes de C. Mide 56 cm e ten na espalda unha cavidade en forma de esfera de 18 cm de diámetro e 16 de profundiade que se pensa que podía servir para gardar obxectos relacionados con rituais relixiosos ou coa morte. Dícese que foi un neno de 14 anos que estaba traballando na finca, Manuel Campello Esclápaz, quen o atopou.

1789: Fin do réxime feudal en Francia.

O 4 de agosto de 1789 os campesiños franceses protagonizaron unha insurrección que deu lugar por medios políticos, claro, á fin dos úlitmos vestixios do feudalismo en Francia, isto é , cos privilexios da nobleza.
Recordade que o lema da Revolución Francesa era : "Liberté, Égalité , Fraternité" .

1755: Nace o inventor do lapis moderno.

Tal día coma hoxe nacía Nicolas Jacques Conté. Xa sei que non vos di nada o seu nome , pero é máis importante do que pensades. Inventou o lapis!!! Que sería de nós sen o lapis? Estamos tan afeitos a  telos na man que non se nos ocorre pensar que alguén o  tivo que inventar. Pois foi este homiño. Era militar do exército de Napoleón e posuía unha mente prodixiosa. Non vos conto máis , só que a invención do lapis ten que ver ( que tristeza!) coa guerra:

03/08/2012

2003: Morre Cartier Bresson

Estaba destinado a ser parte da industria de fíos da súa familia , pero acabou sendo o "ollo do século XX". Está considerado como o creador da fotorreportaxe.  Para el o importante era captar o instante, o momento exacto no que pasaba algo especial. Retratou a personaxes como Edith  Piaf, Che Guevara,  Fidel Castro, Picasso, Matisse...
Ademais é un dos fundadores da Axencia Magnum, unha das máis importantes do mundo.
Déixoche un enlace para que disfrutes da súa obra: http://www.magnumphotos.com/C.aspxVP3=CMS3&VF=MAGO31_10_VForm&ERID=24KL53ZMYN

1898: Fallece o arquitecto Garnier.

Tal día coma hoxe de 1898 morría o arquitecto  francés Charles Garnier. Dito así, sei que sona a champú, pero foi un arquitecto moi importante. A súa obre é un claro exemplo do estilo Napoleón III. Se tiveches a sorte de visitar París xa coñeces parte da súa obra : a Ópera, o Cercle de la Librerie, o Panorama Français; tamén fixo o Observatorio de Niza e os Casinos de Vittel ou Montecarlo.

1954: Morre Colette.

Tal día coma hoxe de 1954 morría en París Sidonie-Gabrielle Colette. Ao principio , publicou con seudónimo masculino, Willy, a serie Claudina  de novelas. O nome collérao do seu home, pero divorciouse e sufriu graves problemas económicos que solventou bailando en music-halls. Durante a primeira Guerra Mundial colaborou co diario Le Matin. En 49 anos escribiu máis de 70 libros. Pasou á historia non só pola súa prolífica obra, senón tamén por ser a primeira muller en entrar na Academia Goncourt. Na súa obra podemos atopar tanto os recordos e a atmósfera da súa infancia coma  outro mundo adulto cheo de celos, sensualidade e amor pasional. No primeiro grupo inclúense obras como A casa de Claudina, Sido e no segundo; A inxenua libertina ou A gata. Deixoche un enlace para que coñezas algunhas frases tiradas das súas obras:  http://www.frasesypensamientos.com.ar/autor/colette.html .

Anuncio mítico: Cuerpos Danone.


Todos a beber iogur para estar así de guapos...

02/08/2012

Anuncio mítico: Colonia Chispas.

Colonia infantil.

1788:Morre o pintor Thomas Gainsborough



Tal día coma hoxe  de 1788 morría en Londres o pintor inglés Thomas Gainsborough. A súa obra está marcada polas cores difusas . É un dos maiores retratistas y paixasistas da súa época.
Déixoche  un vídeo coa súa obra, porque unha imaxe vale máis que mil palabras.

1597: Primeiro teatro de Barcelona.

Parece ser que tal día coma hoxe de 1597 empezaron as obras do que sería o primeiro teatro de Barcelona, a "Casa de las Comèdies". Nun principio tiña estructura de Corral de Comedias, é dicir, algo moi parecido ao que podedes ver nesta imaxe. 
Ogallá o teatro non morra nunca porque é a maneira máis directa de chegar ao público para transmitir emocións, sentimentos, ideas, cultura, ...Non?

1385: Primeira corrida de touros.

Parece ser que tal día coma hoxe de 1385  , o rei Carlos II de Navarra organizou unha corrida en Pamplona. Disque mandou vir dous homes: un moro e un cristián que mataron dous touros por 50 libras. Na documentación non se di nada da orixe dos touros. Nos mesmos documentos do Arquivo de Navarra dise que en 1388 organízase outra corrida en Pamplona para agasallar á duquesa de Lancaster que estaba de paso na cidade; agora sábese que os animais procedían  de Ribera de Navarra. Está rexistrado que nos anos posteriores  se seguiron organizando festas deste tipo, polo que os investigadores conclúen que Pamplona é a cidade con máis tradición taurina. Pois que se quede con todo o mérito , eu son partidaria de que non se celebren porque me parecen unha aberración e unha salvaxada, pero ao mellor son unha ignorante.(?!)

01/08/2012

Anuncio mítico : Nocilla 1987

25 anos!!!

1936: Nace Yves Saint-Laurent.


Tal día coma hoxe de 1936 nacía en  Argelia  o modisto francés Yves Saint_Laurent. Primeiro traballou e colaborou con Christian Dior e despois fundou a súa propia empresa. Entre os seus logros están a maxifalda , o pantalón entallado e o esmoquín feminino. Tamén ganou fama e cartos coas súas liñas de complementos e perfumaría.
Morreu en París no ano 2008.
Neste enlace  podes atopar as imaxes dos seus  modelos máis famosos. Algúns son verdadeiras xoias:

1291: Fúndase a Confederación Helvética.

Tal día coma hoxe os suízos celebran un contrato asinado " a primeiros de agosto"  de 1291 entre os cantóns de Uri, Schwyz e Unterwalden que formaron o núcleo  da actual Suiza. Desde 1891 os helvéticos celebran o 1 de agosto a súa festa nacional. O nome "Helvético" vén dos "helvecios", un grupo de celtas que se instalaron alí despois de ser derrotados por Julio César cando tentaban conquistar as Galias. En total hay vinte cantóns separados en tres rexións lingüísticas. Actualmente  tén catro idiomas oficiais: alemán, francés, italiano e retorromano; a súa moeda é o franco suizo . 

1971: Primeiro paseo en Jeep pola lúa.



Tal día coma hoxe de 1971 os astronautas David Scott e James B. Irwin  dan , por primeira vez na historia, un paseo en Jeep pola superficie da lúa. Todo un logro para a investigación espacial.

31/07/2012

Anuncio mítico: Cheiw Junior

Xa ten anos !! Fala dos chicles que daban por 5 pesetas...

1965: Nace J.K. Rowling


J.K. Rowling naceu o 31 de xullo de 1965 no Reino Unido. O seu nome real é Joanne Rowling. Fíxose famosa da noite para a mañá cando publicou a primeira entrega de Harry Potter. A saga converteuna nunha das mulleres máis ricas do mundo. Despois viñeron distintos tipos de recoñecementos: A Orde do Imperio Británico, distintos títulos honoríficos de varias universidades, o Premio Príncipe de Asturias da Concordia  e a Lexión de Honor de Francia. Según din é unha gran filántropa e adica parte das súas ganancias a axudar ao próximo.


1919: Nace Primo Levi.

Tal día coma hoxe de 1919 nacía en Turín o escritor Primo Levi. De orixe xudea, loitou como partisano na  Segunda Guerra Mundial , pero caeu preso polas SS alemás. A súa experiencia no campo de concentración de Auschwitz serviulle de base para o seu primeiro libro Se esto é un home. Despois co mesmo tema editou A tregua. Tamén é autor de contos , por exemplo, Historias naturais. Outros títulos son Os oficios alleos, , A unha hora incerta, Hostería de Brema, A chave de estrella, etc. Aí vai un vídeo dun fragmento da súa obra Se esto é un home...

1886: Morre Liszt.

Tal día coma hoxe de 1886 morreu  Franz Liszt, músico e compositor húngaro. Pasou á historia da música por renovar a técnica do piano e da linguaxe musical. O seu estilo é romántico. Compuxo moitísimas obras, podémolas dividir en varios grupos:
*Obras para piano: Sonata en si menor, 20 Rapsodias húngaras, 12 Estudos de execución trascendente , etc.
*Obras para orquesta: Sinfonía de Fausto; 13 poemas sinfónicos,...
*Obras religiosas: A lenda de Santa Isabel, Misa da coronación húngara...
Aquí che queda unha mostra da súa obra:

30/07/2012

Anuncio mítico: Formigas de Cruzcampo

Non dirás que non é bon...
Póñoche a canción enteira na versión de "El sueño de Morfeo":

1792: Cántase a Marsellesa.

O 30 de xullo de 1792 entraron en París os voluntarios de Montpellier e Marsella para defender a cidade. Ao fronte da tropa ía  François Mireur, que escoitara  unhas cantas veces unha composición  do capitán de enxeñeiros Joseph Rouget de Lisle. Este, animado polo alcalde de París, creou un tema  titulado Chant de guerre pour l'armée du Rhin  e adicoullo ao Mariscal Luckner. Miseur escoitáraa  en varios funerais oficiais, ensinoulla á tropa e entraron en París entonando  o tema ao que os parisinos bautizaron como A Marsellesa. É o himno nacional francés desde o 14 de xullo de 1795.
Aquí cho deixo.

1931: Nace Dominique Lapierre

Añadir leyenda
Dominique Lapierre naceu en Francia en 1931. É un escritor de gran éxito. Con 17 anos escribiu o seu primeiro gran éxito: Un dólar cada mil kilómetros, un dos libros máis vendidos da posguerra francesa. Foi periodista, traballou na Paris-Match. En 1960 asociouse co americano Collins e comezaron xuntos unha serie de best-sellers sen precedentes, por exemplo, Esta noite , a liberdade; Arde París ou Levarás loito por min. Tamén en solitario escribiu libros superventas, entre eles destaca A cidade da alegría, (imprescindible!!), Máis grandes co amor; ou Mil soles. Ademais escribiu con Jean -Pierre Pedrazzini e con Javier Moro, co primeiro, Érase unha vez a URSS; co segundo, Era medianoite en Bhopal.
Adica moitos dos seus esforzos a axudar aos fillos dos leprosos na India.

29/07/2012

1818: Nace Emily Bronté

Escritora británica, irmá de Charlotte e Anne Brontë, tamén escritoras. As tres irmáns publicaron  xuntas unha antoloxía poética ,Poemas, cos seudónimos de Ellys, Currer e Acton Bell; Emily é a autora da maioría destes poemas. A obra que máis sona lle deu foi Cumbres borrascosas, un escándalo na época pola historia de amor que relata. Esta novela é considerada unha das obras maestras da literatura inglesa.
Déixoche aquí un fragmento do "audiolibro" de Cumbres Borrascosas, no que Mario Vargas Llosa fai unha introdución á novela, pode que te anime a lela ou a escoita-lo audiolibro.

Anuncio mítico: Radical Fruit 1994

Xa van aló 18 anos...Non me diredes que non é imaxinativo!

1961: Morre Aquilino Iglesias Alvariño.

Aquilino Iglesias Alvariño morreu o 29 de xullo de 1961. Foi o protagonista do Día das Letras Galegas no ano 1986. Os seus primeiros poemas aparecen recopilados no libro Señardá,. Despois publicaría Corazón do vento, Cómaros verdes, De día a día, Lanza de soledá, Nemias. Postumemente apareceu Leva o seu cantare.
Foi un gran tradutor e pasou ao galego moitas obras clásicas.
Déixoche un pequeno vídeo para que o coñezas un chisco mellor:

1856: Morre Robert Schumann

Robert Alexandre Schumann foi un compositor alemán. É unha das figuras máis representativas do Romanticismo e o máis importante compositor de lieder(canción lírica breve para voz solista e acompañamento, propia das zonas  de lingua alemá, a letra é un poema); entre eles destacan:O amor e a vida da muller ou Amores de poeta. Tamén compuxo oratorios como A pèregrinaxe da rosa . Entre as súas composicións instrumentais  atopamos Estudios sinfónicos, Escenas de nenos, Tres ríos con piano, Concerto para piano, etc.



1925: Nace Theodorakis.

Tal día coma hoxe de 1925 nacía en Grecia Mikis Theodorakis. Importante compositor grego, famoso tamén pola súa militancia política e social: opúxose a dictadura instaurada en Grecia en 1974 e foi un activista antinuclear tra-la traxedia de Chernobil. No ano 2000 foi proposto para o Nobel da Paz. É autor de bandas sonoras de películas como Zorba, el griego e púxolle música a poemas de Cavafis, García Lorca ou Pablo Neruda.
Déixoche coa banda sonora de Zorba, el griego, película e libro moi recomendables.