+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

11/08/2012

Anuncio mítico: Crema Ponds anos 60.

Xa estades tardando en comprala, eh!!

1931: Nace Fernando Arrabal.

O 11 de agosto de 1932 naceu en Melilla Fernando Arrabal, un dos grandes dramaturgos da lingua española. Mágoa que pasara á historia por saír borracho nun programa de TV. Non vou colgar o vídeo porque en Youtube aparece á primeira e prefiro centrarme no que de verdade importa que é o seu talento como escritor.
Entre os seus títulos figuran obras maestras como Pic-Nic  un alegato contra o absurdo da guerra, Guernica, El laberinto, El triciclo, Oye, patria mi aflicción, en teatro. En poesía, La piedra de la locura  e en prosa , La torre herida por el rayo,por exemplo.
Tamén é director de cine e ensaísta e ten moitos dos galardóns de máis prestixio internacional.
A ver que che parece Pic- Nic:

1903: Nace Ánxel Fole.

Tal día coma hoxe de 1903 nacía en Lugo Ánxel Fole, o noso Ánxel Fole. Sen dúbida é un dos grandes das nosas letras, os seus contos están á altura de nomes de sona internacional.
Non só foi un gran literato , o seu traballo no eido xornalístico é moi importante. No periódico El Progreso de Lugo creou e   levou adiante o espazo Cartafolio de Lugo  durante moitos anos. No 1932 fundou Yunque, unha revista literaria na que se publicaron por vez primeira os poemas galegos de García Lorca. E foi el o primeiro en publicar un artigo en  galego  no periódico vigués El pueblo gallego.
Entre os seus  textos literarios , os máis destacados son: Á lus do candil, Terra Brava, Contos da néboa ou Historias que ninguén cre.
Aquí queda un vídeo para recordar a súa figura.

10/08/2012

Anuncio mítico: Tío Pepe.

Toma!!

100 anos do nacemento de Jorge Amado.

Hoxe cúmplense os 100 anos do nacemento do gran escritor brasileiro Jorge Amado. Foi un home moi comprometido coas súas ideas. Pode que o que máis sona lle dese  fose un ciclo de novelas sociolóxicas composto de  seis títulos : Cacao,  Suor, Jubiabá,  Capitáns na area e Terras sen fin.  Outros títulos seus son: Teresa Batista cansada da guerra, A desaparición da santa ou De como os turcos descubriron América.
Este vídeo está en brasileiro, pero como eres listo non vas ter problemas para entendelo:

09/08/2012

Anuncio mítico: Brummel

Non collen máis tópicos...

1976: Morre Lezama Lima.

Tal día coma hoxe de 1976 morría Lezama Lima, un escritor cubano. Despois da revolución cubana dirixiu o departamento de Literatura do Consejo Nacional de Cultura e foi vicepresidente da Unión Nacional de esccritores y artistas. Como poeta empezou publicando Muerte de Narciso, despois virían  Aventuras sigilosas, La fijeza, Dador ou Islas; pero a súa obra maestra foi  a novela Paradiso. Como ensaísta publicou La expresión latinoamericana,  Analecta del reloj e Tratados en La Habana.

08/08/2012

1962: Morre Herman Hesse



Tal dia coma hoxe de 1962 morría Herman Hesse, un escritor alemán nacionalizado suizo.  Era poeta e novelista. Considérase o útlimo representante do Romanticismo xermano. Era un home docto en temas de psicoanálise e filosofía oriental , con fondas preocupacións existenciais ,polo que nas súas obras hai un certo aire místico e unha busca continua do ego que dá sentido á existencia humana. Demian, O xogo dos abalorios ou O lobo estepario. Foi Premio Nobel de Literatura en 1946.
Neste enlace tes toda a información que precises: http://www.hermann-hesse.de/es

O seguinte vídeo recolle algunha frase súa:

Anuncio mítico: Plátano de Canarias 1992.

Vinte anos!!!

1898: Morre Boudin , pai do impresionismo.

Tal  día coma hoxe de 1898 morría en París Eugène -Louis Boudin, pintor francés considerado un dos precursores do impresionismo. Os temas máis escollidos por el son as mariñas e as praias.  Non deixes de botarlle unha ollada a este vídeo:


100 anos da traxedia na mina de Bochun (Alemania)



Hoxe cúmplense 100 anos da traxedia da mina de carbón de Bochun (Alemania) . Unha explosión de grisú levouse por diante a vida de 320 mineiros e deixou ademais moitos feridos. Centos de familias quedaron horfas e rotas por tal traxedia. Hoxe tamén corren malos tempos para os mineiros . Sirva este recordatorio como homenaxe a tódolos que loitan por conservar a súa vida e a súa dignidade.

07/08/2012

Anuncio mítico: Noa de Cacharel.


1941: Morre Tagore.


Tal día coma hoxe de 1941 morría Rabindranath Tagore en Calcuta. Era un autor hindú que escribía en lingua  bengalí e que chegou a ser Premio Nobel de Literatura en 1913. Era de orixe noble e, como tal ,veu estudar a Europa onde fixo Dereito. A súa obra é amplísima: poesías,novelas, relatos, teatro e mesmo ensaios políticos e pedagóxicos. Entre os seus títulos máis coñecidos están Cantos do solpor, Cantos da aurora, A ofrenda lírica ou Recordos da miña vida. Tendo como base o seu ideario pedagóxico  creou en 1901 unha escola en Santiniketán e en 1921 a Universidade de Visva Barati. Seguro que coñeces moitas das súas frases porque hai moreas de postais, camisetas ou cartaces  nos que se recolle o seu pensamento, aquí che queda un vídeo para que o comprobes:





1957: Retíranse "o gordo" e "o flaco".

"O gordo e o flaco"  ou Laurel e Hardy foron un parella cómica de gran éxito. Comezaron na década dos trinta con películas mudas e colleitaron grandes triunfos ata mediados do século XX. Entre os seus títulos máis famosos están Fra Diavolo, Noite de duendes, Pescadores pescados, Hospital provincial , etc.A continuación tes un vídeo para que te fagas unha idea de como era o seu traballo:

06/08/2012

1994: Morre Rosa Chacel.

En 1994 deixábanos Rosa Chacel, narradora, poeta e ensaísta vallisoletana. Foi discípula de Ortega y Gasset polo que estivo vencellada á Revista de Occidente. En 1939 por mor da guerra marchou a Brasil e non voltou ata 1971. Entre as súas obras destacan: Estación ida y vuelta, La sinrazón, Memorias de Leticia Valle e varias antoloxías da súa poesía e dos seus ensaios. En 1987 concedéronlle o Premio Nacional de las Letras Españolas.
Quédache aquí un enlace para que des unha volta polo seu mundo poético: http://amediavoz.com/chacel.htm.

Anuncio mítico: San Miguel , el patrón de la cerveza..


.
Orixinal!

1945. 1ª bomba atómica sobre Hiroshima.


En 1945 Hiroshima era unha prefectura de Xapón de 9647 Km cuadrados e con capital na cidade do mesmo nome. Era unha cidade industrial, que vivía como vivían o resto dos xaponeses antes da Segunda Guerra Mundial. Ninguén sabía onde quedaba Hiroshima nin sabía  da súa existencia. Todo mudou tal día coma hoxe de 1945 cando os americanos lanzaron a primeira bomba atómica. Nada volveu ser igual.

1890: Primeira execución na silla eléctrica en EE.UU.

Tal día coma hoxe de 1890 tivo lugar no cárcere neoiorquino de Auburn a priemira execución en silla eléctrica. O 8 de febreiro de 2008 foi prohibido o seu uso en Nebraska.A silla eléctrica foi patentada por Harold P. Brown, empregado de Thomas Edison, así que para el todo o mérito de ter inventada semexante animalada.

1942: Dinamo de Kiev: O partido da morte.

O 19 de setembro de 1941, Kiev foi ocupada polo exército nazi. Fixeron miles de prisioneiros que mandaron a campos de concentración. Os nazis quixeron "normalizar"  a vida tra-la ocupación así que crearon unha liga de fútbol na que participarían 6 equipos. Un panadeiro colaborador dos nazis atopouse co porteiro do Dínamo, famento, na rúa e deulle traballo. A partir de aí buscaron ao resto do equipo.
Empezou a liga e foron caendo equipos.O máis poderoso era o Flakelf formado por membros da forza aérea  alemá. O 6 de agosto de 1942 tivo lugar o encontro máis importante no estadio de Zenith, os xogadores do Kiev ganáronlles aos alemáns por 5-1. Os nazis, humillados, pediron  a revancha tres días despois. Antes do partido  os xogadores do Kiev foron ameazados pero  negáronse a responder ao saludo nazi co brazo en alto e saúdaron ao estilo soviético. A pesar de que o partido foi arbitrado por un oficial das SS, os xogadores do Kiev ían gañando 5-3 e o árbitro deu por rematado o partido antes do final. Hai dúas verisóns para o que pasou despois:
a) Que os xogadores soviéticos foron fusilados ao remate do partido.
b) Sobreviviron a aquel partido, obligáronos a xogar outro que tamén ganaron e despois uns foron fusilados e dos outros non se soupo máis tras ser levados a campos de concentración.
 A historia foi recreada na película "Evasíón o victoria", pero a realidade supera á ficción.

05/08/2012

1886: Nace Óscar Esplá.

O 5 de agosto de 1886 nacía en Alicante Óscar Esplá. E diredes vós: "e quen é este?". Pois un compopsitor español. Tivo unha completa formación musical con distintos maestros, e era moi bon pero tivo a mala sorte de ser coetáneo de Manuel de Falla que  levou toda a fama. Aínda así é un fito importante na historia da música en España. En tempos da República foi Director  do Conservatorio Nacional de Música e Declamación de Madrid. Por motivos políticos, coa guerra exiliouse a Bélxica. Colaborou co diario Le Soir donde  escribiu defendendo a autores xudeos ou "malditos". Despois viviu en París con grandes penurias económicas que , en parte, aliviou a UNESCO. Déronlle varias condecoracións e recoñecementos  internacionais. As súas obras máis importantes son: El sueño de Eros,Poema de niños,Cíclopes de Ifach ( ballet) Suite levantina, La nochebuena del diablo, Don Quijote velando las armas, Sinfonía Aitana e  fixo arranxos no Himno de Riego  ou Himno Republicano.
Por favor, non deixedes de ver esta xoia de vídeo.


1962: Morre Marilyn

Hoxe fai 50 anos que Norma Jean Baker, Marilyn Monroe, deixaba este mundo aloumiñada por un sono barbitúrico e unhas gotiñas de Chanel nº 5. Uns din que a soidade, outros que a depresión, outros mesmo falan dunha conspiración da mesmísima CIA...O caso é que o mito erótico dos anos 50 adormeceu e non despertou e deixou un baleiro difícil de encher, porque hai belezas que son únicas. Moitos pensaron que era unha loira parva, pero ademais de ter un coeficiente intelectual moi alto era unha devoradora de libros , unha muller culta , que gustaba de aprender e tiña inquedanzas  e desexos de saber máis. Pero á súa figura do estrelato de Hollywood non lle cadraban esas características e pasou por ser mediocre e superficial...
As películas que fixo, na súa maioría, alimentaban esta imaxe do mito Marilyn. Entre as máis coñecidas están: Os cabaleiros prefíronas loiras, Niágara, O príncipe e a corista, A tentación vive arriba, Río sen  retorno...
Non podo pasar sen deixarvos un vídeo con algunhas das súas fotos máis coñecidas. Sírvalle de homenaxe.

1939: Fusilamento das "13 rosas rojas".

Na madrugada  do 5 de agosto de 1939, trece mulleres da prisión de Ventas foron fusiladas por un pelotón contra a tapia do Cemiterio Este de Madrid. Delito cometido? Seren "rojas", pensar diferente aos que lles apuntaban coas súas armas reglamentarias.
Das trece, sete  eran menores.
Para non repetir as barbaridades cometidas ao longo da historia é preciso coñecelas. Aí che deixo un documental para que saibas de que vai a historia.