+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

25/08/2012

Anuncio mítico: Coca-Cola sensación de vivir.

Anuncio mítico de Coca-Cola, coma sempre vendendo felicidade, desde logo, é optimista...

1900: Morre Nietzsch




Tal día coma hoxe morría en  Weimar o filósofo e escritor alemán Friedrich Nietzsch.

É autor de varios títulos fundamentais da historia de Filosofía: Así falou Zaratustra, Máis aló do ben e do mal, O crepúsculo dos ídolos, O Anticristo, Ecce Homo,etc.
Desde logo a súa obra foi importantísima na filosofía posterior, na relixión, na estética e en todos os movementos existencilistas.
Aquí che queda un enlace con frases súas: http://www.frasedehoy.com/call.php?file=autor_mostrar&autor_id=63
E aquí un vídeo para coñecelo mellor:

1984: morre Truman Capote



Tal día coma hoxe morría en Los Ángeles Truman Capote,  novelista americano. Algúns críticos cualifican as súas novelas como "novelas -reportaxe" ou "novelas-documentos". Entre os seus títulos destacan: Outrass voces, outros ámbitos, Color local, Escritos escollidos, Memorias de Nadal, Os cans ladran, Música para camaleóns, etc. Algunhas das súas obras foron levadas ao cine.

24/08/2012

1899: Nace Jorge Luis Borges

Tal día coma hoxe de 1899 nacía en Buenos Aires Jorge Luis Borges, escritor. Empezou no vomemento do ultraísmo literario para ir evolucionando a medida que pasaban os anos. Primeiro hacia un nacionalismo argentino sobre todo na súa obra Fervor de Buenos Aires e en Luna de enfrente. Estéticamente, mantivo os moldes europeos. A súa obra ,que de primeiras parece sencilla, está chea de precisión  e ironía.   Entre os seus libros de relatos destaca El jardín de los senderos que se bifurcan, Ficciones, El Aleph,  El Hacedor, etc. En  1979 comparteu con GErardo Diego o Premio Cervantes.
Neste enlace tes algunha frase súa: http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=107
Aquí che deixo un vídeo do propio Borges recitando poemas seus, que o disfrutes.


Anuncio mítico: Gila-Filomatic

Gila era un xenio, pregunta na casa e busca vídeos en youtube, foi o humorista máis grande de España.

1474: Nace Fray Bartolomé de las Casas.

Tal día coma hoxe de 1474 nacía en Sevilla Bartolomé de las Casas que se converitiría no máximo defensor dos indíxenas en tempos da masacre-colonización-civilización dos indios polas tropas-colonos-asasinos que os Reis Católicos financiaron en América .
Foille otorgada unha "encomienda" da illa de La Española, pero acabou renunciando a ela en protesta polo trato que os colonos daban aos indíxenas. En 1512 foi ordenado cura  e entrou no orden de Predicadores, non parou en ningún momento de defender aos indios . A el se debe a promulgación das Nuevas Leyes de Indias (1542) que pedían un trato máis xusto para os poboadores autóctonos. En 1546 foi trasladado a México e nombrado obispo de Chiapas onde deu a coñecer a súa obra Avisos y reglas para los confesores,coa que os colonos o odiaron de vez provocando que voltase a España. O máis importante da súa obra é Brevísima relación de la destrucción de las Indias que serviu para que se coñecese a verdade do que pasaba en América.

23/08/2012

Anuncio mítico: Panties Marie Claire

Non dirás que non se esmeraron, eh...!

1926: Morre Rodolfo Valentino.

Tal día coma hoxe de 1926 morria Rodolfo Valentino, actor de cine americano de orixe italiana.Era un galán de facía papeles de  amante latino,sobre todo. As súas películas máis importantes son: Os catro xinetes da Apocalipse, A dama das camelias, Sangue e area, Máis forte co amor e O fillo de Caíd.
No anuncio que che deixo a continuación xógase coa súa imaxe para anunciar langostinos...cousas da publicidade!




1923:Fúndase o Celta de Vigo.

O día 23 de agosto de 1923 convocávase unha asamblea na que se aproban os estatutos e se constitúe a primeira xunta  directiva do Real Club Celta de Vigo. O primeiro  presidente foi Manuel Bárcena de Andrés, conde de Torrecedeira.

E despois houbo de todo, que che vou contar...??

22/08/2012

Anuncio mítico. Lola Flores , anuncio de Titanlux.

Pregunta na casa quen era Lola Flores...

1920: Nace Ray Bradbury



Tal día coma hoxe de 1920 nacía en Illinois Ray Douglas Bradbury, escritor estadounidense. Ao principio escribía narracións curtas para revistas, pero despois de 1945 logrou a fama coa publicación de novelas de ciencia ficción con unha visión tremendista do que depararía o futuro. Entre os seus títulos con máis sona están: Crónicas marcianas, Farenheit 451, Leviatán 99, A morte é un asunto solitario, etc. Tamén escribiu poesías , recollidas no libro Poesías completas de Ray Bradbury.

1864:Primeira convención de Xenebra.

Tal día coma hoxe de 1864 o Consello Federal Suizo organizou unha Conferencia Diplomática en Xenebra para redactar o "Convenio de Xenebra para mellorar a sorte que corren os militares feridos dos exércitos en campaña". Entre os seus artigos destaca o primeiro  polo que as ambulancias e  os hospitais militares terán  que ser recoñecidos neutrais, protexidos e respectados polos belixerantes mentras haxa neles feridos  ou enfernmos. A neutralidade cederá no momento en que as ambulancias ou os hospitais estén gardados por  unha forza militar. Nos artigos seguintes esténdese esta neutralidade a todo o personal  vinculado aos  hospitais.
Fíxate nas películas de guerra e verás como moitas veces falan da Convención de Xenebra. Esta foi a primeira, despois viñeron máis porque ben sabes que as cousas relacionadas cos dereitos das persoas é normal que se esquezan e houbo que volver aló varias veces.

21/08/2012

Anuncio mítico: Soberano anos 60

Pode ser máis machista?? 

1862: Nace Emilio Salgari.

Tal día coma hoxe de 1862 nacía en Verona o novelista italiano Emilio Salgari.Moi prolífico chegou a escribir oitenta novelas de aventuras e moitísimos relatos ou contos para nenos . Sempre buscaba escenarios exóticos (Egipto, o oeste americano, os piratas do Caribe,a India,etc), as aventuras enlazaban unhas con outras, coas súas novelas non hai maneira de aburrirse. Entre os seus títulos máis coñecidos están: Sandokan, Nas fronteiras do Far-West, Os piratas de Malasia, O corsario negro, A raíña dos Caribes,etc.
Aquí che queda un fragmento da serie de TV dos anos 70 no que se adaptaba a súa novela Sandokan:
Ensínao na casa, verás como se acordan da serie e da canción, tamén había debuxos animados:
Esta é posterior, pode que ande por aí en algún canal infantil.

20/08/2012

Anuncio mítico: Ducados , "La flaca"

Xa choveu desde aquela primeira canción coñecida...

1901: Nace o Nobel Salvatore Quasimodo.



Tal día coma hoxe de 1901 nacía en Sicilia Salvatore Quasimodo. Foi un escritor italiano , primeiro fixo unha poesía hermética , difícil, pero co paso do tempo  e despois de afiliarse ao partido comunista italiano inclinouse pola poesía comprometida socialmente. En 1959 concedéronlle o Premio Nobel de Literatura . Entre os seus títulos destacan: E de repente, a noite; Día tras día, A vida non é un soño, Dar e ter, etc. Ademais é considerado un dos mellores tradutores dos clásicos gregos e latinos ao italiano. Tamén escribiu o libreto para unha ópera de cámara titulada Orfeo Anno Domini MCMXLVII.
Aquí che queda o enlace para pasearte pola súa obra:

1890: Nace Lovecraft

Tal día coma hoxe de 1890 nacía Howard Philips Lovecraft. De neno era un solitario, vivía case recluído, adicado a lectura, a astronomía e a escribir relatos  de pesadelo ata converterse no mestre do chamado "horror materialista". Entre os seus títulos destacan: O caso de Charles Dexter Ward, Os mitos de Cthulhu, Nas montañas da loucura  . Ademais teorizou sobre o tema e publicou o ensaio sobre o xénero O horror sobrenatural  na literatura.

19/08/2012

1936: Fusilan a García Lorca

Tal día coma hoxe de 1936 fusilaron pola espalda a Federico García Lorca, máximo representante da Generación del 27 e un dos máis grandes poetas en español de tódolos tempos, fusilárono por ser republicano e homosexual e porque o pobo escoitaba o que tiña que dicir e tiña moito. Dunha sensibilidade infinita, dotado do don da métrica  e da palabra , Federico compuxo moitos dos títulos universais da poesía española: Poema de cante jondo, Romancero Gitano,Canciones,  Llanto por la muerte de Ignacio Sánchez Mejías,Poeta en Nueva York,  Sonetos del amor oscuro...Tamén son súas as grandes obras do teatro español , con protagonistas femininas convertidas en iconos intemporais: Bodas de sangre, Yerma, La casa de Bernarda Alba ou Doña Rosita la soltera. Pero Lorca era aínda máis grande ca súa obra, fundou un grupo de teatro ,La Barraca, que pretendía levar cultura por tódolos recunchos de España.
Na Residencia de Estudiantes en Madrid entrou en contacto con grandes xenios da arte do seu tempo e alí oiu falar galego e leu galego , por iso decidiu escribir seis poemas en galego. Aquí che deixo unha homenaxe  á súa obra.
E aquí un poema seu feito canción:




Anuncio mítico: Centenario Terry

A que se armou porque a muller ía desnuda...a ver se teus avós ou teus pais se acordan...