+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

15/09/2012

1890: Nace Ágatha Christie

Tal  día coma hoxe de 1890 nacía Agatha Christie, novelista británica. Foi unha autora de moito éxito no xénero policiaco. Escribiu moreas de libros, a maioría ambientadas na época anterior á Primeira Guerra Mundial. Os seus personaxes máis famosos son Hércules Poirot e Miss Marple. Citar a súa obra sería o conto de nunca acabar, pero aí van uns cantos títulos: Asasinato no Orient Express, Os dez negriños,  Morte no Nilo...Moitas das obras foron levadas ao cine con éxito . Hai que decir tamén que unha peza de teatro súa, A ratoeira, estivo en cartel en Londres máis de vinte anos ( que xa son anos para unha obra de teatro!!)

1253: Nace Marco Polo.

Tal día coma hoxe de 1253 nacía en  Venecia o viaxeiro Marco Polo. Nado nunha familia de mercaderes, estaba destinado a recorrer mundo. Cando era un rapaciño de 17 anos acompañou a seu pai nunha viaxe a China, alí o gran kan converteuse no seu protector e encargoulle varias misións tanto políticas como diplomáticas. Despois duns anos volveu a Venecia e foi capturado polos xenoveses, mentras estivo preso dictoulle O libro de Marco Polo ou Libro das marabillas do mundo  ao escritor Rustichello.
Velaí un mapa cas súas viaxes máis importantes:
Aquí che queda a primeira parte dun documental sobre Marco Polo, se che interesa tes a continuación en Youtube.

Anuncio mítico:Pepsi: Nike contra Adidas.

Se tódolos anuncios fosen así , vería máis a tele...
Boísimo, ou non??

14/09/2012

Anuncio mítico: Peta Zetas.

Esta lambetada aínda existe !!!

1920: Nace Mario Benedetti.

Tal día coma hoxe de 1920 nacía en  Uruguay o escritor Mario Benedetti, unha das figuras máis grandes das letras hispánicas.
A súa obra é moi ampla, pero podemos dividila por xéneros para darlle un repasiño:
En narrativa destacan El último viaje y otros cuentos, Quién de nosotros, La tregua, ou a súa autobiografía , La borra del café. Dentro do ensaio podemos citar Peripecia y novela, Marcel Proust y otros ensayos, Sobre artes y oficios. Dentro da súa producción dramática cabe salientar Ustedes, por ejemplo;Ida y vuelta, etc. Dentro da lírica  ,hay tantos títulos que eu recoméndoche que busques a súa Antología poética, hai edicións moi económicas e merece convertila en libro de cabeceira. Por desgraza , xa morreu pero quédanos a súa palabra e a súa voz. Empeza a descubrilo neste enlace: http://amediavoz.com/benedetti.htm.
Mira este vídeo:

13/09/2012

1967: Nace o atleta Michael Jhonson.

Tal  día coma hoxe de 1967 nacía en Dallas o atleta estadounidense Michael Jhonson. Foi ouro  cinco veces en tres Xogos Olímpicos e  bateu o récord do mundo de 400 metros con 43'18, marca que segue  intacta a día de hoxe, sendo campión do mundo en catro ocasións.
Así se bate un récord do mundo:


1506: Morre o pintor Andrea Mantegna.

Tal día coma hoxe de 1506 morría o pintor italiano Andrea Mantegna. Figura clave do Renacemento, foi un "revolucionario" no mundo da pintura do seu tempo pola orixinalidade na composición, a calidade do debuxo e o sentido da cor. Para moitos pode ser considerado un precursor do Barroco polo seu emprego da perspectiva. Entre os títulos das súas obras destacan: A crucifixión, Madonna da Victoira, O Parnaso, O Cristo morto, etc.
Aquí quédache un enlace para coñecer mellor a súa obra: http://www.arteespana.com/andreamantegna.htm
E aquí un vídeo por se prefires velo con música, unha marabilla:

Anunico mítico: Coca-Cola , Arconada 1982

O Casillas de fai 30 anos...

12/09/2012

Anuncio Mítico: Bitter Kas 1982

Xa pasaron 30 anos, era outra "Roja"...pregunta na casa a ver que nomes recordan !

1977: Matan a Steve BiKo

Tal día coma hoxe de 1977 morría asasinado pola policía Steve Biko, un activista  anti-apartheid. Pasou toda a súa vida loitando pola igualdade de dereitos máis aló de cuestións raciais. Durante anos estivo saíndo e entrando  do cárcere por mor das súas actividades. O 12 de setembro de 1977, foi acribillado polas palas da policía en Port Elizabeth.
Realmente converteuse en lenda unha vez morto. En 1980  o cantante Peter GAbriel publicou un tema na súa memoria, seguiríanlle outras moitas versións. En 1987 Richard Attemborough estrenou a película Cry Freedom na que contaba a vida de Biko protagonizada por Denzel Washington.


1818: Nace o creador da ametralladora Gatling.

Tal día coma hoxe de 1818 nacía  Richard Jordan Gatling, inventor da ametralladora que leva o seu nome. En 1862 fundou a Gatling Gun Company  para comercializala, a compañía sería absorvida pola Colt en 1897. A súa ametralladora foi declarada obsoleta polo exército dos EEUU en  1911. A pena é que non declarasen obsoletas tódalas armas do mundo. Chegará o día??
Aquí vos queda un vídeo explicativo sobre o seu mecanismo:

11/09/2012

Anuncio mítico: Baileys , 1990

Bonito, eh?

1973: Pinochet dá un golpe de Estado.

Fai uns días traía ata aquí a victoria de Salvador Allende nas eleccións ao goberno de Chile e deixávavos un vídeo coas súas últimas palabras antes de morrer. Tal día coma hoxe un militar; sen escrúpulos,Augusto Pinochet;  daba un golpe de Estado que enchería de sangue a historia de Chile. Traicionou a Allende e fíxose co poder dunha maneira vil e rastreira, despois endiosouse e non dubidou en mandar executar e tódol@s que dalgún xeito reclamaban a lexitimidade do goberno de Salvador Allende ou choraban a súa morte. Xa sei que aínda fai poucos días que colguei o vídeo coas últimas palabras do lexítimo presidente de Chile, pero creo que é de lei repetilo porque non volverá a haber outro Allende. 

1940: Nace Briam de Palma

Tal día coma hoxe de 1940 nacía en EE.UU. o director e guionista de cine Briam de Palma.
É un home de fonda formación científica, incluso estudiou a carreira de Física e gañou varios premios científicos cando era mozo.  Pero na década dos 60 descubriu o cine e aí empezou todo. A súa lista de obras está chea de grandes éxitos e de grandes  fracasos. Eu só che vou  citar as que seguro que viches anque non souberas que eran súas. Por exemplo: Os intocables de Elliot Ness, Carrie, Misión Imposible, Caracortada, Greetings,...
Viches algunha? Pois agora xa sabes, de Briam de Palma.
Esta igual che pon os pelos de punta:

1524: Nace Pierre Ronsard

Tal día coma hoxe de 1524 nacía  o poeta francés Pierre de Ronsard. Era xordo. En 1550 publicou  Odas, unha serire de obras  que seguían o estilo de Horacio e Píndaro; despois , Amores e Continuación dos amores. Na súa época os  seus poemas valéronlle o título de "príncipe dos poetas franceses" . Outros títulos seus son: Himnos, Discurso sobre as miserias deste tempo, Elexías, mascaradas e pastorais, Sonetos para Elena, etc.

O que sigue é o enlace dunha páxina adicada á  súa obra:

E este un vídeo cun tema basado nun poema seu, en francés, claro.