+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

22/09/2012

Anuncio mítico: Nivea 1920.

Un anuncio de Nivea de 1920 !!! Xa existía a Nivea  e xa se anunciaba...

1930: Nace o pintor Antonio Saura.

Tal día coma hoxe de 1930 nacía o pintor español Antonio Saura. Empezou como surrealista e despois foi evolucionando hacia  o expresionismo. As súas obras caracterízanse pola presenza case absoluta do blanco e o negro Foi dos fundadores do grupo El  Paso. Morreu en Cuenca en 1998.
Esta é a súa páxina oficial na que atoparás calquer dato sobre a súa vida e a súa obra: http://www.antoniosaura.org/
Aquí un vídeo con unha canción de Luis Eduardo Aute sobre a pintura de Antonio Saura.

21/09/2012

1947: Nace Stephen King

Tal día coma hoxe de 1947 nacía o escritor estadounidense Stephen King. É o rei do terror , autor dos mellores contos e novelas do xénero das últimas décadas, superventas en libros e con un montón de títulos levados ao cine con gran éxito entre os amantes do xénero. Entre as súas obras máis famosas ou valoradas están: Carrie,As noitesde Salem, O resplandor, A zona morta, It, etc.
Aquí tes un vídeo que repasa as películas basadas na súa obra:

1902: Nace o poeta Luis Cernuda.

Tal día coma hoxe de 1902 nacía en Sevilla o poeta Luis Cernuda. Membro destacada da "Generación del 27".  Durante a Guerra Civil decantouse polo bando republicano, polo que despois da guerra viviu exiliado a maior parte do tempo en México, onde acabaría morrendo en 1963. Entre os seus títulos máis destacados están: Donde habite el olvido, Los placeres prohibidos, La realidad y el deseo ou Las nubes.
Aquí tes un dos seus poemas, que o disfrutes. Ao mellor un día sácate dun apuro...


20/09/2012

1908: Morre o violinista Pablo Sarasate

Tal día coma hoxe de 1908 morría en  Biarritz o violinista e compositor Pablo Sarasate. A maior parte da súa obra  está basada no folclore español. Entre os seus títulos destacan: Danzas española, Jota aragonesa e  Serenata andaluza.
Cando falamos de músicos o mellor é deixar que fale a súa obra: Aí vai unha:

1946: I Festival de Cine de Cannes.

En realidade, o Festival empezou a xermolar no ano 1932 en Venecia, pero por cousas da política , Venecia empezou a favorecer ao cine italiano e alemán , isto non sentou nada ben entre a xente do cine. Alporizados, un grupo de franceses pediulle ao seu goberno  que organizase outro festival. A cidade de Cannes ofreceuse a cosntruir unhas instalacións axeitadas e converteuse,así, na  sé  do novo festival. O 1 de setembro de  1939 inaugourouse o Festival International de Film, pero tivo que ser cancelado  ao día seguinte por mor da guerra. 
Acabada a guerra, tal día coma hoxe de 1946  celebrouse a 1ª edición do Festival. Aquí vai un vídeo de fotografías recordando a súa historia: 

19/09/2012

Anuncio mítico: Limpiador Xampa.

Dos primeiros anuncios nos que o que limpa é un home.

1985: Morre Italo Calvino

Tal día coma hoxe de 1985 morría o escritor Italo Calvino.  É considerado unha figura clave na literatura da posguerra italiana.Nas súas novelas alternan o realismo e a fantasía , creando unha atmósfera única, cargada de ironía,  moi real en certos elementos pero á vez , moi poética. A súa obra máis importante é a triloxía  Nuestros antepasados  formada por O vizconde demediado, O barón rampante e O cabaleiro inexistente. Outros títulos seus son: A entrada en guerra, Marcovaldo, As cidades invisibles, Os amores difíciles, etc.
Neste enlace podes ler algún fragmento seu: http://www.epdlp.com/escritor.php?id=1534

1922: Nace o atleta Emil Zatopek


Tal día coma hoxe de 1922 nacía o atleta checo Emil Zatopek. É aínda hoxe unha lenda do atletismo mundial conseguiu  catro ouros e unha prata olímpicos:
-Medalla de ouro en 10.000 ms e Prata en 5000 nos xogos olimpicos de  Londres de 1948
-Medalla de ouro  en 5000, en 10000 e en maratón nos XX.OO. de Helsinki de 1952.

18/09/2012

Anuncio mítico: Bic/ Mc Enroe

A doblaxe é un pouco rariña...Ti sabes quen era este tenista? Que che digan na casa por que era famoso, busca vídeos en youtube.

1970: Morre Jimmy Hendrix

Tal día coma hoxe de 1970 morría o guitarrista e cantante estadounidense Jimmy Hendrix ( James Marshall Hendrix). Foi unha figura clave da múscia dos anos 60, un auténtico revolucionario no xeito de tocar a guitarra eléctrica. Entre os seus discos máis importantes están: Are you experienced?, Electric Ladyland, Axis: Bold as Love.
Aquí che queda o vídeo dunha das súas cancións máis sonadas:

1819: Nace Foucault.

Tal día coma hoxe de 1819 nacía o astrónomo , matemático e físico francés  Jean Bernard Leon Foucault.
Demostrou que a velocidade da luz é máis grande no aire que na auga e   a rotación da terra sobre o seu eixo  grazas as oscilacións do coñecido como "péndulo de Foucault". Tamén inventou o primeiro xiroscopio.
Aquí che vai un vídeo no que se explica o funcionamento do péndulo de Foucault:




17/09/2012

1791: Morre Tomas de Iriarte

Tal día coma hoxe  de 1791 morría en Madrid o escritor Tomás de Iriarte. Pasou á historia polas súas Fábulas literarias, pero tamén son del títulos como  El don de gentes, El señorito mimado, La señorita malcriada ou Los literatos de Cuaresma, etc.
Neste enlace podes reler algún dos seus textos: http://amediavoz.com/deiriarte.htm
Neste vídeo tes a súa vida con música e imaxes:

Anuncio mítico: Cintas de casette BASF

O último en tecnoloxía...da época!!!

16/09/2012

1851: Nace Emilia Pardo Bazán.

Tal día coma hoxe de 1851 nacía na Coruña  Emilia Pardo Bazán, escritora comprometida cos movementos sociais, culturais e de defensa dos dereitos da muller. 
A súa primeira incursión no mundo literario foi cun ensaio-estudio sobre a obra de Feijoo. Despois virían as súas novelas. Declarouse naturalista logo de ler a   Émile Zola e deu a coñecer a obra do francés en España para tentar divulgar as súas teorías literarias, primeiro no prólogo da súa novela  Viaje de novios e despois na colección de artigos La cuestión palpitante. Os seus títulos máis destacados son: La tribuna, Los pazos de Ulloa, La madre naturaleza, Insolación y morriña, Doña Milagros  e os libros de contos Cuentos de Marineda, Un destripador de antaño e El fondo del alma.
Déixoche un documental de media hora que fixo a UNED sobre Emilia Pardo Bazán:


1973: Matan a Víctor Jara.

Tal día coma hoxe de 1973 o cantautor  chileno Víctor Jara foi asasinado no Estadio Chile ( hoxe,  Estadio Víctor Jara) polas forzas represoras comandadas polo xeneral golpista Augusto Pinochet. Víctor Jara era un cantante chileno que facía canción protesta, reivindicando  dereitos sociais e denunciando o que non lle gustaba. Era comunista, partidario de Salvador Allende, cando Pinochet deu o golpe de estado pillouno na Universidade ,alí prendeérono e foi levado con moitos outros ao estadio onde foi vilmente torturado e asasinado.
Ti non sabes quen é , pero na casa pode que recorden algún dos seus temas: Te recuerdo Amanda, Plegaria a un labrador,El derecho de vivir en paz, etc.
Antes de morrer deulle tempo a escribir este poema no Estadio:

Somos cinco mil
en esta pequeña parte de la ciudad.
Somos cinco mil
¿Cuántos seremos en total
en las ciudades y en todo el país?
Solo aquí
diez mil manos siembran
y hacen andar las fábricas.
¡Cuánta humanidad
con hambre, frío, pánico, dolor,
presión moral, terror y locura!


Aquí quédache unha das súas cancións: