+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

06/10/2012

Anuncio mítico: Seat 127

Menuda historia , eh??

1866: Nace o primeiro locutor de radio.

O 6 de outubro de 1866 nacía en Canadá Reginald Aubrey Fessenden que se convertiría na primeira persoa en emitir pola radio un programa de voz e música.
Mira a ver qué podes averiguar sobre el e o seu traballo, se atopas datos interesantes publicarémolos aquí.

1927: Primeira película sonora

O 6 de outubro de 1927 estreábase nos EE.UU a primeira película sonora, O cantor de jazz. Producida pola Warner Bross Pictures, alternaba a voz e as cancións de Al Jolson con subtítulos. Foi dirixida por Alan Crosland, con guión de  Alfred A. Cohn, música de Louis Silvers e fotografía de Hal  Mohr. Estivo nominada ao Óscar como mellor guión adapatado e foi premio honorario por revolucionar a historia do cine.
Aquí che queda un anaquiño:

05/10/2012

1864: Nace Louis Lumière.


O cinco de outubro de 1864 nacía en Francia Louis Lumière , irmán de Auguste Lumière. Químico e industrial  francés. Inventou e patentou en 1895a máquina  de cine que proxectaba 16 imaxes por segundo . A pelícual Saída de obreiros da fábrica Lumière foi a primeira proxección pública da historia do cine.







1880: Morre o compositor Offenbach.

O cinco de outubro de 1880 morría  en París o compositor francés de orixe alemá Jacques Offenbach. Foi director de orquestra do Théatre Français entre 1850 e 1855. Destacou na composición de operetas e óperas bufas. Entre os seus títulos máis coñecidos destacamos: Orfeo nos infernos, A bella Helena, A gran duquesa de Gérolstein e a ópera Os contos de Hoffman.
Aquí che deixo un tema seu levado ao cine na película La vita è bella:

04/10/2012

Óscar á mellor curta de animación 2012

Simplemente, disfrutade desta marabilla!

1895: Nace Buster Keaton.

O 4 de outubro de 1895 nacía en  Estados Unidos o actor e director de cine Joseph Francis Keaton, Buster Keaton. Foi unha estrela do cine mudo. En España era coñecido como Pamplinas. Os seus títulos máis coñecidos son: O cameraman, O navegante, O maquinista da Xeneral, no cine mudo;  e no sonoro,  Golfus de Roma, por exemplo.
Din que no seu contrato había unha clausula que lle prohibía rirse en público, pero será unha lenda urbana...ou non.
Aquí che queda unha selección do seu traballo:

03/10/2012

Anuncio mítico: Rénault 4F FASA 1978

Toma furgoneta!!

1713: Fúndase a Real Academia Española.

O 3 de outubro de 1713 Felipe V aprobou a constitución da Real Academai Española grazas a unha iniciativa do Marqué de Villena, Juan Manuel Fernández Pacheco. 
A súa finalidade era fijar las voces y vocablos de la lengua castellana en su mayor propiedad, elegancia y pureza. O seu lema era e é Limpia, fija y da esplendor.
Está ubicada nun edificio da Rúa Felipe IV diseñado pola arquitecto Miguel Aguado de la Sierra que foi  inaugurado por Alfonso XIII e Mª Cristina de Habsburgo.

1906: SOS.

O 3 de outubro de 1906 na Primeira Conferencia de Radiotelegrafía Internacional celebrada en Berlín acórdase que as letras SOS serán  o sinal de  chamada de socorro internacional. A esta reunión acudiron 29 países e nela chegouse a unha serie de acordos para mellorar as comunicacións a nivel internacional a través da telegrafía sen fíos.

02/10/2012

Anuncio mítico:1989, Fiat Uno

Vaia con eles!!

1869: Nace Mahatma Gandhi

O 2 de outubro  nacia en Portandar (India) Mohandas Karanchand Ganchi, coñecido como Mahatma Gandhi. Foi un político indio, xefe do nacionalismo na India e símbolo e precursor do pacifismo. Primeiro estivo en África  onde se ocupou da defensa dos dereitos  da comunidade india, alí fundou  o periódico  Indian Opinion. En 1914 voltou á India e colaborou cos británicos durante a Primeira Guerra Mundial. En 1919 tivo lugar a traxedia de Amristar na que as tropas británicas dispararon contra unha multitude de manifestantes que protestaba contra un decreto que recortaba os seus dereitos, morreron 379 persoas e quedaron feridas 120, este feito levou a Gandhi a animar a tódolos indios a protestar pola política colonial da Gran Bretaña. Despois foi presidente do Congreso entre 1924 e 1934. Pasou á historia por lograr a independencia da India a través da non violencia. Foi asasinado pouco despois de conseguir o seu obxectivo. Aquí che queda un vídeo con algunhas das súas frases.
Ollo, no vídeo hai erros ortográficos !

1930: Nace Antonio Gala.

O 2 de outubro de 1930 nacía o escritor Antonio Gala en Ciudad Real. Autor de teatro, novelista ,poeta, escritor de ensaios e magnífico articulista de prensa. É un dos escritores máis importantes das últimas décadas no estado español. Calquera que sexa o xénero , toda a súa obra está chea dun profundo lirismo. Como autor teatral asinou moitos dos éxitos do teatro español do século XX:  Los verdes campos del Edén ,Anillos para una dama, ¿Por qué corres, Ulises?, Petra Regalada, etc. Como novelista publicou varias das novelas máis vendidas en España: El manuscrito carmesí, La pasión turca, Más allá del jardín, El pedestal de las estatuas, etc. En ensaio é autor de títulos como Paisaje con figuras, Dedicado a Tobías,  ou Si las piedras hablaran. En poesía, entre os seus títulos destaca Enemigo íntimo.
Aquí che queda un poema de Antonio Gala en versión de Antonio Vega: http://youtu.be/e0rFJ_bfmZw

01/10/2012

Anuncio Mítico: Pôeme de Lancôme 1998

Tout dire sans un mot!!

1931: Apróbase o sufraxio femenino.

O 1 de outubro de 1931 aprobouse por primeira vez na historia de España o artigo cosntitucional que permite o dereito ao voto feminino. Clara Campoamor foi unha das mulleres que máis loitou para conseguilo, dixo no Parlamento: "Dejad que la mujer se manifieste como es, para conocerla y para juzgarla, respetad su derecho como ser humano." Entre os seus compañeiros de partido  non estaban todos  de acordo e na votación gañou o si por 161 votos frente a 121. Foi efectivo  dous anos despois , nas elección de 1933.  Tres anos máis tarde, tralo golpe de Estado de Franco acabouse a democracia para todos e non volverá a haber eleccións libres ata 1977.


1952: Primeira proxección en Cinerama.

O 1 de outubro de 1952 tivo lugar o primeiro espectáculo en Cinerama sobre pantalla circular nos Estados Unidos. Era un novo sistema de proxección e son , constaba dunha pantalla panorámica curvada enorme, que cubría todo o campo visual do espectador , e tres proxectores. Foi  ideado por  Mike Todd. Resultaba tan caro que en 1966 xa non funcionaba . Algunhas das películas que se viron con esta técnica  foron A volta ao mundo en 80 días, A carreira do século ou A conquista do oeste.A cinta que proxectaron no estreno foi Isto é cinerama.

30/09/2012

Anuncio mítico: Cinzano.

Chicas guapas, chico guapo. Unha combinación que funciona moi ben en publicidade.

1936: A Igrexa declara a Guerra Civil "cruzada relixiosa".

O 30 de setembro de 1936 a Igrexa Católica declarou que a Guerra Civil que había en España era "una cruzada contra los hijos de Caín". Con estas palabras lexitimaban o alzamento de Francisco Franco para acabar coa Segunda República. Ao día seguinte, 1 de outubro, Franco proclamouse xefe do Estado.

1955:Morre James Dean.

O 30 de setembro de 1955 morría en accidente de circulación o actor James Byron, coñecido como James Dean. Preparouse para ser actor estudando no Actor's Studio e despois de rodar Ao leste do Edén, fíxose mundialmente famoso. Máis tarde protagonizou Rebelde sin causa en converteuse no mitico símbolo do mozo rebelde e incomprendido. Logo de rodar a súa terceira película, Xigante ,morreu nun terrible accidente.
Aquí che queda un vídeo con imaxes da súa vida e das súas peliculas.