+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

20/10/2012

1854: Nace Rimbaud.

O 20 de outubro de 1854 nacía en Charleville  Jean Arthur Rimbaud. Foi todo un rebelde. Con 16 anos marchou da casa para  levar unha vida bohemia en París. Nun texto titulado  Carta do vidente  dá mostras da  súa procura poética. En 1871 escribiu un poema titulado O barco ebrio dirixido ao que ía ser o seu amante P.Verlaine, co que mantivo unha relación difícil que rematou   cando o segundo lle disparou a Rimbaud.  Fíxose famoso porque Verlaine o incluira na súa antoloxía Os poetas malditos(1884), . Os seus últimos poemas foron publicados por Verlaine co título de Iluminacións en 1886. Pero realmente non alcanzou o recoñecemento ata despois da súa morte en que foi considerado un dos grandes poetas de Francia e un precursor do surrealismo. No seguinte enlace podes afondar na súa vida e na súa obra: http://www.amediavoz.com/rimbaud.htm

19/10/2012

1868: Nace a peseta.

O 19 de outubro de 1868 un decreto do Goberno Provisional tralo derrocamento de Isabel II crea a peseta como sistema monetario de España. Fíxase o seu valor en 0'290 gramos de ouro fino. A primeira peseta de curso legal acuñouse en 1869. A última vez que se  acuñou foi unha moeda de 100 pesetas o 19 de xuño de 2001. Empezaba a época do euro (€).

1745: Morre Jonathan Swift.

O 19 de outubro de 1745 morría en Dublín o escritor Jonathan Swift . Foi considerado unha especie de heroe nacional polo seu apoio aos irlandeses na causa contra as condicións da dominación inglesa. Pero o que realmente lle deu sona foi a súa produción literaria. En 1704 ,publicouse de maneira anónima,  o seu primeiro libro, A batalla entre os antigos e os modernos. En 1726 publicou a súa obra máis importante, Viaxes de Gulliver. Moitos críticos clasificárona como literatura infantil pero está chea de crítica hacia a relixión, o ensino e a sociedade en xeral a través da metáfora do anano entre os xigantes e o xigante entre os ananos. Un clásico que tod@s deberiamos ler. 

18/10/2012

1824: Nace Juan Valera.

O 18 de outubro de 1824 nacía en Cabra ( Córdoba) o escritor Juan Valera.  Home de gran cultura , moi viaxado e de gustos refinados. Opoñíase ao realismo e ao naturalismo da súa época e  optou por  novelas máis amables  como  Pepita Jiménez, Doña Luz, Juanita la Larga, Genio y figura. Tamén deixou gran número de ensaios, artigos de opinión e varios contos entre os que destaca o relato filosófico El pájaro verde . Foi membro da Real Academia Española .

1892: Primeira liña telefónica entre New York e Chicago.

O 18 de outubro de 1892 inaugúrase a primeira liña telefónica interurbana entre Chicago e New York. Xa existían centrais telefónicas anteriores , pero non existía a comunicación a larga distancia. A empresa que o fixo posible era de Graham Bell. Non penses que era cuestión de marcar o número e listo...Había que pedir chamada, establecela , despois avisar aos  clientes dos dous lados  de que xa estaba listo e logo falaban, pero non era para as présas, eh!!

17/10/2012

1849: Morre Frederic Chopin.

O 17 de outubro de 1849 morría en  París o compositor e pianista polaco Frederic Chopin. A súa obra destaca pola sensibilidade romántica e pola pegada da música popular do seu país. Era un pianista de gran técnica e un magnífico compositor. Deixounos gran número de mazurcas, valses, nocturnos,polonesas, baladas , estudos e scherzos.
Pode que ti o coñezas por algún dos seus nocturnos. Aquí che queda un fragmento: 

1919: Primeira liña de Metro de España.

O 19 de outubro de 1919 inaugúrase en Madrid a primeira liña de Metro de España. Unía as estacións de Cuatro Caminos e Sol, tiña 8 estacións e medía 3'48 Km. Correspóndese con parte da actual Línea 1 do Metro de Madrid que hoxe vai de Pinar de Chamartín a Valdecarros con 23'876 Km de percorrido.
Como dato curioso engadimos que a primeira liña do mundo foi  o subterráneo de Londres (Metropolitan Railway) inaugurado en 1863 con 6 Km. de lonxitude.

16/10/2012

1854: Nace Óscar Wilde.

O 16 de outubro de 1854 nacía en Dublín o escritor irlandés Óscar Wilde. Converteuse nun dandy que pronto se deu a coñecer na sociedade de París e de Londres. Era un férreo defensor da "arte pola arte". En 1881 apareceu o seu primeiro libro, Poemas, despois dunha longa viaxe  por Europa e África. En 1891 estrenou en EE:UU a comedia A duquesa de Padua e en París escribiu a traxedia Salomé , que protagonizará  Sara Bernhardt, con música de Strauss en 1896. En 1891 tamén  publicou o libro O crime de lord Arthur Saville e outros relatos. Do mesmo ano é O retrato de Dorian Grey, a súa obra máis famosa. A partir de 1892 triunfa como autor de comedia con títulos como O abano de lady Windermere, Unha muller sen importancia, Un marido ideal ou A importancia de chamarse Ernesto. Despois de caer en desgraza acusado de sodomía , publicou dúas obras escritas no cárcere: Balada do cárcere de Reading e De profundis.


1846: Úsase por primeira vez o éter como anestésico.

O 16 de outubro de 1846 úsase por primeira vez o éter inhalado como anestesia xeral no quirófano do Hospital General de Boston. Fixo de anestesista William Thomas Green Morton, un dentista da cidade,  o cirurxán  foi  John Collins Warren. Ao enfermo, Sir Gilbert Abbot, extirpáronlle un quiste cervical.

15/10/2012

1690: Morre o pintor Valdés Leal.

O 15 de outubro de 1690 morría en Sevilla o pintor Juan de Valdés Leal. Unha das máis grandes figuras da pintura barroca en España. A súa  obra destaca polo dominio que tén sobre a luz e a cor. As súas obras máis famosas son: Fin da gloria do mundo, Xesús discutindo cos doctores, In ictu oculi, Finis gloriae mundi ou Triunfo da morte.
No seguinte enlace podes facer un recorrido pola súa obra: http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/historia.php?idioma=1&id=38