+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

16/11/2012

Os polbos. Curta de animación.

A isto chamáselle "loitar polo noso amor":

1922: Nace Saramago.

Saramago.
O 16 de novembro de 1922 nacía en  Azhinhaga (Portugal) José Saramago. Empezou a súa carreira de escritor como periodista , despois seguiría coa poesía e coa novela. A lista das súas obras é moi longa,  O ano da morte de Ricardo Reis, Tódolos nomes, A balsa de pedra, Ensaio sobre a cegueira, Cadernos de Lanzarote O cerco de Lisboa...
En 1998 concedéronlle o Premio Nobel de Literatura. Morreu o 18 de xuño de 2010 na súa casa de Lanzarote. O seu legado é inmortal, non só pola súa obra, tamén polo seu pensamento e a súa loita por un mundo diferente e mellor.
Neste vídeo recóllense algunhas frases súas:

15/11/2012

1942. Nace Barenboim.

Daniel Barenboim.
O 15 de novembro de 1942 nacía en Bos Aires o director de orquestra de orixe xudea Daniel Barenboim. É un home polémico, ten a nacionalidade israelí e a palestina e está naturalizado español. No ano 2001 interpretou en Israel unha obra do alemán Wagner provocando moitas críticas. Xa en 1999 dera que falar ao organizar a Orquestra do Diván Este-Oeste co seu amigo palestino Edward Said, na que tocan xuntos músicos de orixe israelé, árabe e española, nun intento por unir e buscar formas alternativas( simbólicas, por desgraza) de conseguir a paz. Ao longo da súa carreira colleitou numerosos premios.


Aquí queda interpretando un tema ao piano:

13/11/2012

1903: Morre o pintor Pissarro.

Autorretrato. Pissarro.
O 13 de novembro de 1903 morría en París o pintor Camille Pissarro. Nos primeiros anos da súa carreira viuse influenciado por mestres como Corot ou Turner. A partir de 1871 empezou a interesarse polo impresionismo, os seus temas e as súas técnicas. Desde entón empezou a pintar paisaxes urbanas de París. Empregou diferentes medios para crear a súa obra : litografía, óleo, acuarela e augaforte. Entre os seus cadros destacan Xardín das Tullerías, Vista de Pontoise, Efectos de neve, etc.
No seguinte vídeo poderás coñecer o mellor da súa produción:

1850: Nace Robert Louis Stevenson.

O 13 de novembro de 1850 nacía en Edimburgo Robert Lewis Balfour, coñecido como Robert Louis Stevenson. Viaxou moito polos mares do Sul e viviu en Samoa ata a súa morte. A súa especialidade eran as novelas de aventuras protagonizadas por personaxes de dudosa moral nas que plantexaba as súas dúbidas éticas.  Os seus títulos máis destacados son A illa do tesouro, O extraño caso de Dr Jekyll e Mr. Hyde , Catriona, O señor de Ballantrae,etc.

12/11/2012

Curta de animación: Mariza.

1840: Nace Auguste Rodin.

"O bico" de Auguste Rodin.
Tal día coma hoxe, o 12 de novembro de 1840 nacía en París o escultor Auguste Rodin. Un dos mestres do realismo escultórico, as súas obras están cheas de expresividade  psicolóxica e dun perfecto manexo da anatomía humana. Son moitos os títulos que habería que citar , pero os máis coñecidos son O bico, A idade de bronce, O pensador...
Déixoche un vídeo para que lle des un repaso a súa obra.

11/11/2012

O nazismo visto polo Pato Donald. (1944)

Aquí vai unha curta de Disney ridiculizando o nazismo.

1831:É aforcado Nat Turner, antiescravista negro.

Tal día coma hoxe o 11 de novembro de 1831 foi axusticiado en Virxinia (EEUU) o escravo negro Nathaniel "Nat" Turner, un dos maiores antiescravistas na Guerra de Secesión  americana.
O 21 de agosto daquel ano encabezou unha rebelión. El e os seus  compañeiros pasaron a noite liberando escravos de casa en casa coa consigna de matar a tódolos blancos. En total morreron 55 persoas antes de que os rebeldes fosen detidos. Estivo meses fuxido  ata que o prenderon e foi xulgado e condeado a morte. Aforcárono  decapitárono e cortárono en anacos. Din que houbo xente que gardou partes do seu corpo como recordo.
Turner quería mellorar as condicións de vida da súa raza pero o que conseguiu foi que se endurecesen as leis. Para algún afroamericano é un heroe. 
Está claro que se equivou na forma. A violencia só xenera violencia.