+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

15/12/2012

1859 : Nace Zamenhof,o creador do esperanto.

O 15 de decembro de 1859 nacía Ludwik Lejzer Zamenhof, creador do idioma esperanto.
Trátase dun sistema de comunicación artificial creado coa idea de que se convertera nunha lingua internacional, na lingua universal. Despois de anos de investigación , Zamenhof publicou os resultados do seu traballo nun libro titulado  A Lingua inernacional  baixo o pseudónimo Doktoro Esperanto, foi ese falso apelido o que deu nome á súa creación.
De momento ningún país ten o esperanto como lingua oficial, pero hai moitas persoas que o estudan e o apoian. 
A continuación podes ver un pequeno vídeo para que saibas como é : 


1890: Morre "Touro Sentado".

O 15 de decembro de 1890 morría Touro Sentado, un xefe sioux. Foi o indio norteamericano que levou á vitoria aos seus irmáns sioux e cheyenne contra o Séptimo de Cabalaría do Xeral Cáster na batalla de Little Big Horn o 25 de xuño de 1876. Despois el e a súa xente tiveron que librar moitas batallas máis tanto militares como políticas. Finalmete o seu pobo foi aniquilado, desprezado e confinado en reservas. Unha victoria máis do civilizado home blanco...
Déixoche un vídeo sobre a batalla de Little Big Horn por se che interesa o tema.

14/12/2012

Curta de animación: Presto Pixar Full

Porque na insistencia está o éxito...

1503: Nace Nostradamus.

O 14 de decembro de 1503 nacía Michel de Nôtre-Dame  ou Miquèl de Nostradamus. Adicábase á medicina e á astroloxía e no seu tempo foi moi renombrado polas súas profecías sobre acontecementos e catástrofes futuras. En 1555 publicou As verdadeiras centurias astrolóxicas e profecías, desde entón non pararon as interpretacións do libro facendo coincidir os versos  que el escribiu cos feitos que foron sucedendo ao longo da histoira. Os seus seguidores din que atinou en todo o que escribiu, os seus detractores din que son casualidades e interpretacións "interesadas" das palabras de Nostradamus.
O caso é que dixo que o mundo remataría no 2012, só quedan 16 días para saber se atinou ou non...

13/12/2012

1466: Morre o escultor Donatello.

David de Donatello.
O 13 de decembro de 1466 morría en Florencia Donato di Niccolò di Betto Bardi, coñecido como Donatello. Este escultor foi un  dos máximos representantes da escultura renacentista.  Entre as súas obras destacan: San Xoán Evanxelista, A Anunciación, David, A tribuna dos cantores, etc.
No seguinte vídeo poderás coñecer as súas obras máis importantes mentras escoitas unha música marabillosa:

12/12/2012

1915: Nace Frank Sinatra.

Fotografía de Allan Ballard
O 12 de decembro de 1915 nacía en Hoboken o cantante e actor de cine estadounidense Frank Sinatra. É coñecido no mundo da música pola súa persoal maneira de cantar. Protagonizou numerosas películas, por exemplo, A sombra dun xigante, Todos foron valentes ,etc. Gañou un Óscar e numerosos premios de música.
Sen dúbida, unha das cancións máis coñecida e versionada da historia é My way:

11/12/2012

1946: Fúndase o UNICEF

O 11 de decembro de 1946 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas creou o UNICEF (Fondo das Nacións Unidas para a Infancia) para axudar aos nenos de Europa despois da Segunda Guerra Mundial.
Na actualidade encárgase de subministrar vacinas, mellorar a saúde e a alimentación da infancia, prevención contra a SIDA, educación básica, abastecemento de auga potable, etc.
Aquí vai a última campaña deste organismo.
Oes, xa que estamos, colabora , eh!!

10/12/2012

1948: Proclamación da Declaración dos Dereitos Humanos.

Tal día coma hoxe, o 10 de decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. 
A  Human Rights Action Ctr montou este vídeo para recordárnolos:

Resulta decepcionante que despois de tantos anos sigan sen cumplirse Non será por falta de tempo...

1830: Nace a poeta Emily Dickinson.

O 10 de decembro de 1830 nacía en Amherst Emily Dickinson. Pasou case toda a súa vida pechada no seu cuarto, vivindo nun ambiente moi puritano. Dese  encerro saíron uns 1750 poemas nos que reflexaba as preocupacións do seu tempo e os conflitos morais e intelectuais da sociedade que a rodeaba. A súa obra non se publicou ate despois da súa morte, pero axima se converteu nun símbolo para as feministas pola súa rebelión contra as formas imperantes e por tratar os temas da escola metafísica inglesa, ata entón só tratados por homes.
No seguinte enlace atoparás unha selección dos seus poemas en castelán:  http://www.amediavoz.com/dickinson.htm