+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

22/12/2012

1858: Nace Puccini.

O 22 de decembro de 1858 nacía Giacomo Puccini, compositor italiano. Pasou á historia da música polas súas óperas, entre elas destacan Madame Butterfly, La Bohème, Tosca e Il Trittico. Ademais é autor de composicións relixiosas e sinfónicas. 
Aquí tes un anaquiño de Madame Butterfly:

1870: Morre Bécquer.

Tal día coma hoxe, o 22 de decembro de 1870 morría en Madrid Gustavo Adolfo Bécquer. É , sen dúbida, un dos máis grandes da poesía en castelán.  Autor das famosas Rimas, tamén demostrou o seu talento na prosa escribindo as Leyendas, unha serie de relatos  fantásticos con elementos sobrenaturais e misteriosos.
Se aínda non liches ningún escrito seu , é hora de que te poñas á faena. Aquí vai un enlace para navegar polas súas Rimashttp://cvc.cervantes.es/obref/rimas/ e este outro para as Leyendashttp://www.analitica.com/bitblioteca/becquer/leyendas.asp

21/12/2012

1913: Publícase o primeiro encrucillado da historia.

Primeiro encrucillado da histori
O 21 de decembro de 1913 publicábase o primeiro encrucillado da historia no periódico New York World. Apareceu  nun suplemento dominical e o seu creador foi Arthur Wynn.  Se queres podes tentar resolvelo!!

1937: Estréase "Blancaneves".

O 21 de decembro de 1937 estreábase  no Carthay Circle Theater de Hollywood a primeira longametraxe de animación de Walt Disney. É unha adaptación dun conto recollido polos Irmáns Grimm na súa escolma de relatos da tradición europea.
Aquí deixo a primeira doblaxe ao castelán (1938).


20/12/2012

1812: Publícanse os Contos dos irmáns Grimm.

Irmáns Grimm.
O 20 de decembro de 1812 os irmáns Grimm publicaban a primeira edición dos seus contos. Por este motivo  hoxe comeza o Ano Grimm que se prolongará no 2013.
En realidade, os textos non son obra dos Grimm, eles eran filólogos e adicáronse a recoller relatosque circulaban oralmente por Alemaña.
Como non podía ser doutro xeito, para celebralo propóñovos reler algún dos seus contos, nunca se é demasiado maior para ler historias .

Big Catch Animation.

Unha curta xenial. Porque non podemos perder o sentido do humor.

1982: Morre o pianista Rubinstein.

O 20 de decembro de1982 morría en Suiza o pianista norteamericano de orixe polaca Arthur Rubinstein. Destacou na súa carreira musical polas súas interpretacións de Chopin , Falla ou Stravinski.
Escoita esta marabilla:

18/12/2012

BIRDBOY

Unha curta de animación premiada cun Goya.

Anuncio monecas de Famosa

Agora que xa estamos na campaña de Nadal , un recordo dos anuncios de monecas de Famosa, pregunta na casa, verás como lembran a canción.

17/12/2012

1843: Publícase "Conto de Nadal" de Dickens.

O 17 de decembro de 1843 publícase por vez primeira o Conto de Nadal de Charles Dickens.
Todas as obras deste escritor británico teñen unha forte carga social e histórica unida a un especial sentido do humor que aparece mesturado con certa tristura ate chegar ,en ocasións, ao melodrama. Dickens defende sempre aos máis pobres e desfavorecidos.
En Conto de Nadal pretende que o lector tome conciencia na necesidade de compartir e pensar nos demais.
A continuación tes unha versión animada da historia. Está dividida en tres partes, aquí vai a primeira.

Coca-Cola: Anunico de Nadal clásico.