+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

08/02/2013

O emprego

Os seres humanos vivimos nunha sociedade marcada polo traballo : o emprego impón os nosos horarios, os nosos ingresos e o noso lugar na sociedade...; porque para que un estea arriba , outros teñen que estar abaixo. 
Esta curta reflexa unha realidade terrible que nos debe levar á reflexión.


1828: Nace Jules Verne.

O 8 de febreiro de 1828 nacía en Nantes o escritor francés Jules Verne. Apareceu na escea literaria con Cinco semanas en globo, unha novela de aventuras, con certo ton didáctico e cun profundo interese polos avances tecnolóxicos e científicos. Escribiu arredor de 60 obras, é difícil escoller. Propóñoche varios títulos para que te animes a ler: Viaxe ao centro da terra, Os fillos do CApitán Grant, A volta ao mundo en oitenta días, Miguel Strogoff, etc.
Sen dúbida, Verne foi un adiantado ao seu tempo, nas súas novelas anticípase á creación de máquinas e trebellos que entón non existían (a viaxe á lúa, o aeroplano, o submarino, etc.) polo que se considerou un precursor da ciencia-ficción.

07/02/2013

Melancólico soño dun robot.

Sempre hai un chisco de esperanza, hai que intentalo. Pequenos esforzos poden facer grandes cambios.

05/02/2013

O heroe

Ás veces as cousas non son o que parecen, outras, si.

1967: Morre Violeta Parra.

O 5 de febreiro de 1967 morría en  Santiago de Chile a cantautora Violeta Parra. Foi unha das figuras chave na historia da música chilena non só polas súas composicións senón tamén polo seu traballo de investigación e recopilación do folclore chileno . As súas cancións inclúense dentro da canción protesta da época, pero tamén ten algunhas de carácter íntimo e persoal. Entre os seus títulos , sen dúbida, destacan Gracias a la vida e Volver a los 17.
A min gústanme as dúas pero aquí vou incluir Gracias a la vida porque penso que hai que dar grazas sempre , mesmo polas pequenas cousas , porque de ben nacidos é ser agradecidos. O impactante deste tema,que parece un canto á vida e a alegría de vivir,  é que despois de compoñelo, Violeta suicidouse. Cousas que ten a vida...

04/02/2013

1794: Francia abole a escravitude.

O 4 de febreiro de 1794 a Convención Nacional de Francia aboleu a escravitude. Máis tarde, o 20 de maio de 1802 ,Napoleón restableceuna. Houbo que agardar ata o 27 de abril de 1848 para que a abolición fora definitiva.
Hoxe segue habendo escravos na sociedade actual: escravos e escravas sexuais de tódalas razas e idades, escravos da industria téxtil, da minaría, das mafias... Tantas revolucións para seguir coas mesmas desigualdades !!

Peripeteia