+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

02/03/2013

1885: Nace D.H.Lawrence.

O 2 de marzo de 1885 nacía en Inglaterra o escritor D.H.Lawrence. A súa literatura escandalizou o público do seu tempo. As súas primeiras obras foron recibidas con controversia por ser demasiado explícitas nas esceas amorosas. Algunhas foron prohibidas por obscenas. En 1919 , ante esta situación deixou o seu país para poder publicar as súas novelas con maior liberdade. Os seus títulos máis célebres son O amante de Lady Chatterlay e Mulleres namoradas.

28/02/2013

Hasta los huesos.

Hai amores eternos, amores ata máis aló da morte, amores ata os ósos.

1983: Aparece o CD.

Primeiro CD da historia.
O 28 de febreiro de 1983, Sony e Philips lanzaban ao mercado o CD. Xa existía o Láser Disc para ver películas, pero o novo sistema incorporaba a codificación en dixital por PCM  o que lle melloraba moitísimo a calidade. Pouco despois, este invento foise adaptando á transmisión de datos co  CD-ROM e produciuse unha auténtica revolución nos sistemas de almacenamento de datos no mundo da Informática.
O primeiro disco CD da historia foi unha grabación de Karajan dirixindo a Eina Alpensinfonie de Richard Strauss.

27/02/2013

150 anos do nacemento de Sorolla.

O 27 de febreiro de 1863 nacía en  Valencia o gran pintor Joaquín Sorolla. Está incluído dentro do movemento impresionsita. Nas súas obras  destaca a súa inconfundible luz mediterránea, os temas levantinos e os retratos.  Ter que escoller entre os seus títulos é difícil, pero a min encántanme  Xogando na auga, Despois do baño, E aínda din que o peixe é caro, ..., en realidade gústanme todos!
Como toda a súa obra é digna de ver , o mellor é dar unha volta polo seguinte enlace que nos dá acceso á súa colección: http://museosorolla.mcu.es/colec_pintura.html
Tamén podes botarlle un ollo ao seguinte vídeo: 

26/02/2013

1802: Nace Víctor Hugo.

Agora que Víctor Hugo volve estar de moda grazas a película Os miserables, non queremos perder a ocasión de lembrar o seu aniversario. Tal día coma hoxe de 1802 nacía en Besançon (Francia) o escritor Víctor Hugo. Foi poeta , novelista e dramaturgo, un dos máximos representantes do Romanticismo francés. Empezou cunha novela Han de Islandia e despois adicouse ao teatro ( Cromwell Marion Delorme ,  Hernani ou  Ruy Blas) rachando coas ríxidas normas das tres unidades. .Del son varios dos títulos máis importantes da historia da narrativa mundial: Os miserables, Nôtre Dame de Paris, Os traballadores do mar... Por último, lembramos que tamén foi un gran poeta , a súa obra aparece recollida en títulos como Odas e baladas ou Os cantos do crepúsculo , entre outras.
No seguinte enlace podes atopar algúns dos seus poemas: http://www.amediavoz.com/hugo.htm

25/02/2013

Curta: A historia do mundo en 3 minutos.

Xa nunca poderás dicir que a historia é un rollo. Aquí tes a historia da humanidade en tres minutos:

1873: Nace Enrico Caruso.

O 25 de febreiro de fai 140 anos nacía en Nápoles Enrico Caruso, para moitos, o mellor tenor de tódolos tempos. Ademais de destacar na ópera, foi o cantante máis popular nas dúas primeiras décadas do século pasado. 
A súa carreira empezou na cidade napolitana interpretando L'amico Fritz. Despois virían  La Traviata, Rigoletto, La Favorita ou La Gioconda, entre outras. Pasou á historia pola gran variedade de rexistros ,a  beleza da súa voz e a súa capacidade interpretativa.
Aí queda unha mostra do seu talento:

24/02/2013

DÍA DE ROSALÍA



O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela a nosa Rosalía de Castro. Sen dúbida , é a nosa escritora máis célebre e querida. Por iso hoxe celebramos o día de Rosalía.  Os seus poemas seguen  vixentes e chegan ata nós cunha actualidade sentida , cheos de denuncia social, de nostalxia , de descontento vital e mergullados no desencanto dos amores non correspondidos. Rosalía foi unha adiantada ao seu tempo, unha muller revolucionaria, feminista, anticlerical e profundamente galega .
Este ano, ademais, celebramos o 150 aniversario da publicación de Cantares galegos. Sobran os motivos para estarmos orgullosos do noso, orgullosos do galego, orgullosos de Rosalía.

1943: Nace Pablo Milanés.

Para o ben da música, o 24 de febreiro de 1943  nacía Pablo Milanés en Cuba. Este poeta, guitarrista, cantautor... é considerado un dos fundadores da Nueva Troba Cubana xunto con Silvio Rodríguez. 
Seguramente, habería que citar moitas outras pero as súas cancións destacan Yolanda, Yo me quedo, Para vivir ou El breve espacio en que no estés.