+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

23/03/2013

Seasons

Cando o bon gusto, a sinxeleza e a sensibilidade se xuntan , xorden pequenas xoias coma esta.
Unha curta de Yuri Norstein e Ivan Ivanov-Vano.


1840: Primeira foto coñecida da lúa.

Imaxe tomada por Draper.
O 23 de marzo de 1840 o británico John William Draper presentou a primeira fotografía coñecida da Lúa na Academia de Ciencias de New York.
Conseguir esta imaxe costoulle moitas horas de espera e moitos intentos fallidos, pero ao final  o esforzo mereceu a pena.
El explicoullo así ao público:
"Unha parte da figura vese moi ben, pero a causa do movemento da propia Lúa, a maior parte vese borrosa. O tempo necesario foi de 20 minutos e o tamaño da figura de aproximadamente unha pulgada de diámetro. Daguerre (inventor do daguerrotipo e divulgador da fotografía)  tentara o mesmo pero non o conseguiu. Este é a  primeira vez que se consegue algo parecido á representación da superficie da Lúa."

22/03/2013

1923: Nace o mimo Marcel Marceau.

O 22 de marzo de 1923 nacía en Estrasburgo Marcel Marceau, o gran xenio do mimo. Empezou a traballar en 1943 co seu alter ego Bip, un paiaso ataviado cun xeresei de raias e un sombreiro de copa con flor  incluída. Logo foi evolucionando e creando un estilo propio. Entre os seus sketchs máis coñecidos están o de facedor de máscaras, as representacións con caixas, o  de camiñar contra o vento, ...
O mellor é velo en acción. Eis o seu traballo:

21/03/2013

1963: Péchase Alcatraz.

O 21 de marzo de 1963 pechábase o cárcere de Alcatraz despois de ter albergado un total de 1545 presos durante 29 anos.
Estaba situado na Illa Alcatraz, tamén coñecida como A Roca, unha pequena illa ubicada no centro da baía de San Francisco en California (EE.UU.).
Na prisión había un total de  336 celas, pero só chegaron a estar  ocupadas á vez un máximo de 302. Foi famosa pola dureza do seu réxime disciplinario. Para maior seguridade os presos eran recontados varias veces  ao día co fin de  evitar os intentos de fuga.
Por ela pasaron presos tan famosos como Al Capone ou Robert Franklin Stroud. Pero se alguén escribiu con letras de ouro o seu nome na historia de Alcatraz , ise foi Frank Morris que, acompañado polos irmáns John e Clarence Anglin, conseguíu fuxir do penal.
A fuga de Morris foi toda unha odisea, pero esa aventura contarémola outro día. Aínda se conservan a súa ficha carcelaria e a cabeza de papel maché que fixo para enganar aos gardas mentras excavaba un tunel para fuxir.  . Aquí podes ver as dúas imaxes:
Cabeza feita por Morris .
Ficha carcelaria de Morris.

A historia de Alcatraz estivo sempre envolta nun halo de lenda e de misterio, por iso serviu en moitas ocasións de tema para películas e series de televisión.

20/03/2013

1852: Publícase "A cabana do Tío Tom".

O 20 de marzo de 1852 publicábase  a novela A cabana do Tío Tom da escritora Harriet Beecher Stowe. Na época supuxo un forte impacto social porque ten como tema central a escravitude. Tom, un escravo afroamericano, conta a súa historia e a das persoas que o rodean. Fundamentalmente, pon de manifesto a crueldade ,a sinrazón e a inmoralidade da escravitude. A autora aproveita a historia para mostrar a bondade do cristianismo e  a autoridade moral que a maternidade confire ás mulleres.
O éxito da obra  foi tal que se converteu na novela máis vendida do século XIX e serveu de apoio á causa abolicionista nos EE.UU. provocando o debate sobre o sistema escravista entre a poboación.
A día de hoxe, o mundo segue a ofrecer materia real para outra novela sobre o tema: os/as escravos/as sexuais, os/as escravos/as dos diamantes, os/as escravos/as da industria téxtil, os/as escravos/as das guerras ...

19/03/2013

1808: Nace Espronceda.

O 25 de marzo de 1808 nacía en Almendralejo (Badajoz) o  escritor José de Espronceda. Empezou no mundo da Literatura cunha novela hsitórica, Sancho Saldaña o el castellano de Cuéllar, despois escribiu algunha obra teatral como Ni el tío ni el sobrino ou Amor venga agravios. Sen dúbida, o seu renome débello ás súas Poesías, entre as que  hai títulos tan sonados como "Himno al Sol", "La canción del pirata", "El verdugo",etc. Quizás a súa obra máis orixinal sexa El estudiante de Salamanca, basado nunha lenda tradicional; pero a súa obra maestra é El diablo mundo, un poema filosófico que deixou sen rematar e no que se inclúe o famoso "Canto a Teresa".
Neste enlace http://www.poemasde.net/poesia/jose-de-espronceda/ podes ler os seus poemas.
Eis unha versión da súa "Canción del pirata":

1882: Ponse a primeira pedra da Sagrada Familia de Gaudí.

O 19 de marzo de 1882 poñíase a primeira pedra da Sagrada Familia do arquitecto Antoni Gaudí en Barcelona. Está considerada como o mellor exemplo da arquitectura modernista catalana. Leva desde entón en construcción.
A parte do templo realizada en vida de Gaudí ( a fachada do Nacemento e a cripta) foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO  en 2005. 
O mellor  para disfrutar dela é ir a Barcelona, mentras tanto podemos admirala no seguinte vídeo:


Música excelente e imaxes magníficas!!!

18/03/2013

1783: Unha lei declara honroso o traballo .

"As fiadeiras" de Velázquez.
O 18 de marzo de 1783 o rei Carlos III vese na obriga de promulgar unha real cédula que declara honorables ás persoas que levan a cabo traballos manuais. O rei respondía así a numerosos informes e escritos que recalcaban a necesidade de pór fin ao desperestixio que sofrían aqueles que traballaban coas súas mans. O problema era que  este desprestixio  impedía exercer cargos públicos ou casar con persoas socialmente dignas. Entre os traballos considerados indignos atopábanse o de verdugo, cómico, zapateiro,curtidor, cardador, xastre ou fabricante de tecidos. 
A orixe deste desprestixio estaba en que tradicionalmente foran realizados por  moriscos e xudeos. Ademais imperaba a idea de que  a pureza de sangue (fidalguía) non era compatible  co exercicio de calquera actividade que non fosen nin as armas nin as letras. Todos lembramos os problemas do fidalgo do Lazarillo de Tormes  que prefería a miseria á deshonra do traballo manual.
A cédula dicía así:
"(...) que no sólo el Oficio de Curtidor, sinó también los demás de Artes y Oficios de Herrero, Sastre, Zapatero, Carpintero, y ótros a este modo son honestos y honrados; que el uso de ellos no envilece la familia ni la persona del que la exerce, nin le inhabilita para obtener los empleos municipales de la República en que estén avencidados los Artesanos o Menestrales que los exerciten; y tampoco han de perjudicar los Artes y Oficios para el  goce  y prerrogaticas de la Hidalguía (...) aunque los exercieren por sus propias personas."

17/03/2013

Fresh Guacamole.

Unha curta orixinal e inxeniosa, breve pero deliciosa. Que vos aproveite.

1938: Nace Rudolf Nureyev

O 17 de marzo de 1938 nacía en Irkutsk (Rusia) o bailarín británico Rudolf  Nureyev que chegaría a ser primeira figura do ballet Kirov de Leningrado. Para moitos foi o mellor bailarín do século XX. Entre as súas mellores coreografías están O lago dos cisnes, O Crebanoces, Romeo e Xulieta, A bella durminte, etc.
Morreu en Paris, con 54 anos, o 6 de xaneiro de 1993.
O mellor para celebrar o 75 aniversario do seu nacemento é recordalo véndoo bailar: