+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

10/04/2013

145 nanos da estrea do "Réquiem" de Brahms.

O 10 de abril de 1868 , venres santo, estreábase na Catedral de Bremen unha parte do Réquiem Alemán do compositor Johannes Brahms.
A obra vén a ser unha reflexión sobre a morte a partir de textos extraídos da Biblia en alemán. Brahms empezara a compoñelo en 1856, ano da morte de Schumann, pero non o rematou ata o 1866, un ano despois da morte da súa nai. A fin última da obra é procurar consolo aos que quedan ante a morte. Consta de sete movementos e ten estructura cíclica, é  dicir, remata coa  reaparición do tema inicial do primeiro movemento.
Eís un anaquiño desta obra que nos dá unha idea desta marabillosa composición:

09/04/2013

The Me Bird.

  Unha curta para recordar a José Couto no décimo aniversario do seu asasinato.
Un xogo visual e musical , unha metáfora a prol da liberdade e contra as ataduras que atenazan ao ser humano.
The Me Bird from 18bis on Vimeo.

08/04/2013

40 anos sen Picasso!!

Hoxe cúmprense 40 anos do pasamento do xenial Pablo Ruiz Picasso. 
Non queda moito por decir dun home que  nos primeiros anos da súa infancia xa dera mostras dun talento pouco habitual para a pintura e o debuxo. 
Probablemente sexa un dos artistas máis importantes do século XX , non só pola súa obra, senón pola súa influenza noutros artistas coetáneos e posteriores. 
O seu talento era tanto que non lle abondaba coa pintura e o debuxo e adicouse tamén  á escultura, o gravado, a figuración teatral, etc.
No seguinte documental  repásase a súa vida e a súa obra: 

07/04/2013

Marea


Unha curta especial . Porque os soños poden estar cheos de maxia. Disfrutade da música  e das imaxes. Deixade que vos envolva a atmosfera onírica ...