+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

19/04/2013

1903: Nace Eliot Ness.

 O 19 de abril de 1903 nacía en Chicago Eliot Ness. Pasou á historia polo seu traballo para facer cumprir a Lei de Prohibición en Chicago nos anos 20 e 30.  
 El foi o encargado de deter a Al Capone, o mafioso máis coñecido da súa época. Para conseguir o seu obxectivo formou un grupo de nove homes honestos. Moi pronto conseguiron notoriedade polas súas redadas nas destilarías e nas cervexarías ilegais. Cando Al Capone  intentou sobornar ao seu equipo e non o conseguiu empezaron a chamarlles "Os Intocables". Logo, o capo da mafia foi condeado a 11 anos de prisión grazas ás investigacións de Ness e os seus homes.
Despois viñeron outros casos e empezou o seu declive por mor de varios fracasos. En 1957 publicou o seu libro "Os intocables" (The Untouchables). A súa vida, de película, foi levada á pantalla en varias ocasións, pero a que máis popularizou a súa figura foi a versión de Brian de Palma protagonizada por Kevin Costner.
Velaí otrailer da película:
                                        

18/04/2013

1738: Fúndase a "Real Academia de la Historia".

Escudo da R. A. de Historia.
Un Real Decreto de Felipe V do 18 de abril de 1738 creaba a Real Academia de la Historia de España. Entre os seus obxectivos destacaban dous: o estudo da Historia e a creación dun Diccionario Histórico-Crítico Universal de España. A fin última era loitar contra as "fábulas introducidas por la ignorancia o por la malicia", unha idea moi acorde co pensamento ilustrado da época.

17/04/2013

Romance del Malevo.

Aquí vos deixo unha historia de Osiris Rodríguez Castillo na voz marabillosa de Jorge Cafrune.

16/04/2013

185 anos da morte de Goya.

Autorretrato. Goya.
O 16 de abril de 1828 morría en Burdeos o pintor español Francisco de Goya y Lucientes. Formouse como pintor con  José Luzán, Francisco Bayeu e varios mestres en Italia. Despois de diversos traballos , ingresou en 1775 na Real Fábrica de Tapices onde pintou numerosos cartóns de temas costumbrista e popular. Logo foi pintor de cámara dos reis Carlos IV e Fernando VII.  A partir de 1792 o seu carácter sufreu unha profunda transformación por mor da xordeira que padecía  que o volveu acedo e taciturno, ademais a guerra deixou nel unha profunda pegada que marcaría a súa obra . Todo isto levouno a un illamento cada vez máis grande e a un desenrolo dun estilo persoal moi diferente do que se facía na época. Para moitos, o seu estilo é un antecedente  da pintura contemporánea. É moi difícil facer unha escolma da obra de Goya, pero eu quédome coas súas series de grabados  Los disparates, Caprichos, Los desastres de la guerra; cos cartóns que fixo para a Real Fábrica de Tapices cheos de colorido e de vida; os frescos de San Antonio de la Florida e , por suposto, as súas obras mestras, El 2 de mayo, Los fusilamientos del 3 de mayo, La maja desnuda e as pinturas negras da Quinta del Sordo.
Vendo todo o que está pasando hoxe en día, cabe preguntarse como retrataría Goya a sociedade que nos tocou vivir. 
Neste vídeo podemos disfrutar da súa obra:

15/04/2013

75 aniversario da morte de César Vallejo.

O 15 de abril de 1938 morría en París o escritor peruano César Vallejo. Para moitos é un dos máis grandes poetas da historia da Literatura.
En 1918 publicou o seu poemario Los heraldos negros de influenza modernista. En 1922 sae do prelo Trilce, un libro  vanguardista de aires surrealistas que clama contra a inxustiza. En 1923 viaxa a París  onde sobrevive como periodista. A partir de entón a súa vida complícase  , afilíase ao partido comunista, viaxa a España, prohíbeselle a entrada en Francia, apoia a causa republicana na Guerra Civil española... Finalmente volta clandestinamente ao país galo onde morrerá "en París y en primavera" en penosas condicións. A súa obra póstuma é a máis valorada: Poemas humanos e España, aparta de mí este cáliz.
Neste podemos ler algúns dos seus poemas: http://www.amediavoz.com/vallejo.htm