+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

04/05/2013

1938: O Vaticano recoñece o goberno de Franco.

O 4 de maio de 1938 o Papa Pio XI recoñece o fascismo católico do Xeneral  Francisco Franco como goberno lexítimo de España, deste xeito  o Vaticano convértese nun dos primeiros estados en recoñecer  o goberno do dictador golpista.
O Papa Pío XI era chamado polo cardenal alemán Faulhaber "o mellor amigo dos nazis", e polo que se ve non quería levarlle a contraria.
Xa pasaron 75 anos...Moitas cousas cambiaron; outras, non.

30/04/2013

1883: Morre Manet.

O bar do Folies-Bergère (Manet)
 O 30 de abril de 1883 morría  en  París o pintor francés  Édouard Manet. Foi un dos precursores do impresionismo cunha pintura  baseada nun  colorido moi luminoso e cunha pincelada moi solta.  Na súa obra rompe coa pintura tradicional  chegando a provocar o escándalo con algúns dos seus cadros nos que reproducía corpos espidos.  Entre os seus títulos máis importantes están: Merenda campestre, O tocador do pífano, Lola de valencia, Nana, Olimpia , etc. No seguinte enlace podemos disfrutar dalgúns dos seus cadros:
http://www.ibiblio.org/wm/paint/auth/manet/

A continuación un vídeo no que disfrutar da súa obra acompañada de boa música:


29/04/2013

1933: Morre Kavafis.

O 29 de abril de 1863 nacía en Alexandría ( Exipto)  e o 29 de abril de 1933 morría en Atenas o poeta grego Constantin Kavafis. É recoñecido por ser un dos máis grandes poetas da Grecia do século XX e por ser o impulsor do renacer da lingua grega para o mundo da Literatura.
Os temas principais da súa produción foron a sensualidade, o amor homosexual, a impotencia ante a fugacidade da beleza... A súa poesía  reborda de poder evocador e de sensualidade. 
A súa obra foi máis coñecida no resto de Europa que no seu país. Só compuxo uns 150 poemas que se publicaron por vez primeira despois da súa morte , en 1935, seguindo as ordes que el deixara no seu testamento.
No seguinte enlace podemos ler algún dos seus poemas: http://www.ciudadseva.com/textos/poesia/cavafis2.htm
Velaí unha versión do seu poema Ítaca:


28/04/2013

1977: Legalización dos sindicatos en España.

[Madrid : PTE : PCU, 1977]
(La Coruña : Gráficas Rigar).


O 28 de abril de 1977 legalízanse os sindicatos en España despois de 4 décadas de ditadura franquista. Por fin,  CC.OO., UGT , USO e demais sindicatos presentan os seus estatutos no Ministerio de Relaciones Sindicales para conseguir a tan arelada legalización trala aprobación da lei que regulaba o decreto de asociación sindical.