+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

11/05/2013

Destino. Dali /Disney

No ano 1946 Dalí e Disney uniron o seu talento para traballar xuntos e empezaron este proxecto. Daquela non o remataron e todo o  traballo feito pasou aos arquivos da Disney. No ano 2003 , un sobriño do cineasta atopou aquel material e as instruccións de Dalí para o que faltaba por facer e decidiu buscar colaboradores para rematalo. Velaí o resultado, unha verdaderia xoia.

10/05/2013

1843: Nace Galdós.

Retrato de Galdós. (Joaquín Sorolla)
O 10 de maio de 1843 nacía o escritor canario Benito Pérez Galdós. As súas ideas socialistas provocaron o resentimento en medios conservadores que se opuxeron á súa candidatura ao Nobel de Literatura en 1905 e 1912, premio que tiña ben merecido tanto pola calidade da súa obra como polo extenso da súa produción. Entre as súas novelas destacan La fontana de oro, La familia de León Roch, Marianela, Miau, Misericordia, Fortunata y Jacinta, Tristana...; o conxunto dos Episodios Nacionales nos que retrata a historia da España decimonónica , etc. Ademais tamén foi autor teatral: Realidad,, La loca de la casa, la de San Quintín,  Casandra, Santa Juana de Castilla, etc.
Sen dúbida, Galdós é unha das figuras máis sobresaíntes das letras en español. A súa riqueza inventiva, a súa capacidade para crear personaxes , a súa profunda observación dos ambientes e  da realidade social e política da época convérteno nun dos autores máis exemplares da literatura española. 
A mellor maneira de celebrar o seu 170 aniversario é relendo unha das súas obras, calquera delas ha de deixarnos un bon sabor de boca.

09/05/2013

1943: Masacre de Chang Shiao (China).

Entre os días 9 e 12 de maio de 1943 o Exército Imperial Xaponés baixo o mando do xeneral Shunroku Hata leva a cabo a Masacre de Chang Shiao , na provincia china de Hunan. Nestes catro días de horror sen sentido 30.000 homes, mulleres e nenos foron violados, torturados e asasinados. Ao final da Segunda Guerra Mundial o militar ao mando foi condeado a cadena perpetua. Baixo precio para tan terrible delito!!

08/05/2013

1903: Morre Gauguin.

Autorretrato. Paul Gauguin.
O 8 de maio de 1903 morría nas Illas Marquesas o pintor francés Paul  Gauguin. Foi  un dos fundadores da Escola Simbolista de Pont-Aven xunto con Seguin, Chamaillard e Bernard. Na súa obra hai unha profunda influenza de Cézanne e Pisarro. En 1890 , despois dun azaroso periplo vital marchou para Tahití onde pasou o resto da súa vida. Alí a súa técnica transformouse por completo, adoptando un debuxo simple e unha cor moi viva. Entre os seus títulos máis coñecidos están: A muller da flor,  Os senos das flores vermellas, O ouro do seu corpo, etc.
No seguinte vídeo podemos botar un ollo a súa obra:

07/05/2013

180 aniversario do nacemento de Brahms.

O 7 de maio de 1833 nacía en Hamburgo nunha familia humilde o compositor Johannes Brahms, aínda que viviría a maior parte da súa vida en Viena. Gran amante das melodías populares coas que o arrolaba súa nai de pequeno, na súa obra alcanzou un alto nivel de calidade e de concisión expresiva. Pódese dicir que a súa produción é unha mezcla de Romanticismo e Clasicismo. Entre tódolas súas composicións  destacan  dous concertos para piano, un para violín, un para violín e violonchelo,  catro sinfonías, 265 lieder,  e un título en especial:  Réquiem alemán (do que xa falamos noutra ocasión: http://marmaquinandonotempo.blogspot.com.es/search?q=brahms ).
Velaí un fragmento dunha das súas sinfonías:

05/05/2013