+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

18/05/2013

1953:Jacqueline Cochran rompe a barreira do son.


Jackie aos mandos do seu avión.

O 18 de maio de 1953 Jacqueline Cochran convértese na primeira muller en romper a barreira do son. Lembremos a súa historia:
Jackie foi unha aviadora americana do século XX , é considerada  unha pioneira no seu campo. Foi a primeira  en voar en jet sobre o océano, a primeira en aterrar e despegar dun portaavións e a única en competir na Bendix  Race. Bateu varios récords de aviación e foi a primeira muller piloto supersónica.
O seu amigo, o maior Chuck Yeager, convenceuna para pilotar un jet Canadair F-86 Sabre prestado pola Real Forza Aérea Canadense sobre o lago seco Rogerse en California, tal día coma hoxe de 1953; foi entón cando acadou a velocidade de 652.327 mph , converténdose na primeira muller en romper a barreira do son.
Parabéns no sesenta aniversario  de tal fazaña !

17/05/2013

1863: Publícase "Cantares Gallegos".


O 17 de maio de 1863 publícábase en Vigo a obra  Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, velaí por qué celebramos hoxe o día das Letras Galegas.

Aquí queda un dos poemas deste libro:

"Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos;
cando van, van como rosas,
cando vén, vén como negros"

Cando foi ía sorrindo;
cando veu , viña morrendo;
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito.

Aquel máis que neve branco,
aquel de dosuras cheio,
aquel por quen eu vivía
e sen quen vivir non quero.

Foi a Castilla por pan,
e saramagos lle deron,
déronlle fel por bebida,
 peniñas por alimento.

Déronlle en fin, canto amargo
ten a vida no seu seo...
Castellanos, castellanos
tendes corazón de ferro!

Ai no meu corazonciño,
xa non pode haber contento,
que está de dolor ferido,
que está de dolor cuberto.

Morreu aquel que eu quería,
e, para min n'hai consuelo:
sólo ai para min, Castilla, 
a mala lei que che teño.

Premita Dios , castellanos, 
castellanos que aborreso,
que antes os gallegos morran,
que ir a pedirvos sustento.



16/05/2013

1703: Morre Charles Perrault.

O 16 de maio de 1703 morría en París o famoso escritor de contos para nenos Charles Perrault. Chegou a ser secretario persoal dun ministro da súa época, Monsieur Colbert. Foi membro da Real Academia Francesa, de feito, o seu discurso de entrada na mesma ( 1687) provocara no seu momento unha aceda disputa con Boileau por mor dos méritos dos escritores antigos e modernos. Máis tarde reincidiría nesta polémica coa obra titulada Comparación entre antigos e modernos, ou con títulos como Apoloxía das mulleres ou Os homes ilustres que xurdiron en Francia durante o século XVII. Entre a súa produción tamén se atopan algúns poemas, unha comedia e unhas Memorias. Pero o que realmente lle otorgou a fama foron os seus contos, unha serie de narracións tradicionais que el recolleu baixo o título de Contos da nai Gansa, entre os títulos máis soados están: Barba azul, Carapuchiña vermella ou A Cincenta.

15/05/2013

1903: Nace María Reiche

Selo de Perúa na honra de María Reiche  
O 15 de maio de 1903 nacía en Dresde (Alemania)  a arqueóloga e matemática María Reiche Neumann. Pasou á historia polas súas investigacións sobre as liñas de Nasca.
Entre os kilómetros 415 e 465 da estrada Panamericana Sur de Perú, nunha área de 50 Km de longo por 15 km de ancho atópanse as liñas de Nasca , nas pampas de Palpa, Ingenio, Nasca e Socos. Están datadas entre os anos 300 antes de Cristo e 900 despois de Cristo.
Esta marabilla arqueolóxica  fora descuberta por Toribio Mejía Xesspe en 1927 . Nos seus estudos, María afirma que estes debuxos son puntos de observación astrónomica de grande utilidade para a agricultura; outro arqueólogo, Kosok, falaba deste lugar como o "libro de astronomía máis grande do mundo." María quedou tan abraiada pola impresión que nela causaron estes debuxos que adicou o resto da súa vida a protexelos , mesmo investindo os seus propios aforros en  todo o necesario para a súa conservación. Finalmente foille concedidad a nacionalidade peruana e unha morea de distincións honoríficas que recoñecían o seu traballo e amor por estes achados.
"O mono", un dos debuxos do Nasca.
Para saber un pouco máis sobre o tema das liñas de Nasca ou Nazca aí vai un pequeno vídeo:

12/05/2013

1913: Morre a vampira de Barcelona.

O 12 de maio de 1913 morría en Barcelona Enriqueta Martí i Ripollés, a "vampira del Carrer del Ponent" ou a "vampira de Barcelona". 
Esta muller encheu de horror a primeira década do século XX barcelonés: secuestraba, prostituía e asasinaba a nenos e nenas. Ao longo da súa vida foi detida por varios delitos, dunha volta por rexentar un prostíbulo de menores de entre cinco e dezaseis anos, pero como había xente importante entre os clientes saíra libre.
 Polo día , vestida de posdioseira pedía polas rúas  con nenos "alugados" ou roubados, pola noite, vestida de marquesa, exercía a prostitución entre a xente ben. 
Cando a detiveron definitivamente o que atoparon na súa casa estremeu a autoridades e curiosos: restos de nenos e nenas en sacos, gardados en botes de cristal, cabeleiras, pócimas feitas a partir das graxas dos corpiños ..., e un libro antigo con fórmulas misteriosas. Ao longo da  investigación concluíuse que  raptara e asasinara a unha morea de criaturas. Ademais destes arrepiantes achados tamén se atopou unha longa lista de nomes importantes, pero non chegou a ser publicada. Enriqueta morreu linchada polas súas compañeiras no patio da prisión en circunstancias pouco claras, de seguro os nomes da misteriosa lista alegráronse da súa  morte , polo menos durmiron máis tranquilos.