+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

01/06/2013

1968: Morre Hellen Keller.

O 1 de xuño de 1968 morría en Easton (Pennsylvania) a escritora estadounidense Helen Adams Keller. Era cega , xorda e muda, pero iso non lle impediu adquirir grandes coñecementos e publicar unha morea de libros ademais de levar a cabo unha importante labor social. Entre os seus títulos destacan: Historia da miña vida, A canción da parede de pedra, A miña relixión ou A porta aberta. 
Todo isto non sería posible sen o traballo feito pola súa institutriz, Anna Sullivan, que a educou e lle ensinou a comunicarse co mundo. Grazas a ela, Hellen conseguiu entrar na Universidade de Radcliffe e graduarse con honores. 
Anne e Hellen adicaron as súas vidas a percorrer o país  dando conferencias  na procura de mellores condicións de vida para as persoas invidentes. 
As vidas de Hellen e Anne foron levadas a escea en varias ocasións. Velaí o trailer dunha das películas que contan a súa historia , The miracle worker  (1962) con cadanseu Óscar para as dúas protagonistas.

30/05/2013

1778: Morre Voltaire.

O 30 de maio de 1778 morría en París o escritor e filósofo francés François-Marie Arouet Voltaire. É un dos máximos representantes da Ilustración francesa. A súa primeira obra literaria foron uns versos satiricos dirixidos contra o duque de Orleans que o levaron ao cárcere da Bastilla. Máis tarde foi exiliado a Gran Bretaña onde coñeceu a fondo a filosofía inglesa. En 1734 publicou Cartas filosóficas ou Cartas inglesas o que lle valeu unha nova orde de arresto que evitou refuxiándose en Citey. En 1746 ingresou na Academia Francesa despois de ser nomeado historiador real, pero as desavencencias co rei levárono ata a corte prusiana primeiro e a Suiza, despois. Era partidario dunha relixión natural e defendía o despotismo ilustrado. Loitaba desde os seus escritos contra a intolerancia ,a superstición e o fanatismo relixioso. Entre os seus títulos máis importantes están: Edipo, Elementos da filosofía de Newton, Tratado sobre a tolerancia, Diccionario filosófico, Comentario sobre o libro dos delitos e as penas e o seu famoso, Cándido ou o optimismo.
No seguinte enlace podemos ler moitas das frases que Voltaire deixou para a posteridade: http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=1029&page=2.

29/05/2013

1958: Morre Juan Ramón Jiménez.

O 29 de maio de 1958 morría en San Juan de Puerto Rico o poeta andaluz Juan Ramón Jiménez. Unha das grandes figuras das letras en español , figura chave entre o Modernismo e a chamada "poesía pura". Na  súa obra pódense diferenciar varias etapas: Unha primeira época con predominio do musical  na que publica Elejías puras , Sonetos espirituales ou a súa famosísima Platero y yo. A segunda etapa comeza con Diario de un poeta recién casado  e continúa con Etenidades, entre outras. Despois da Guerra Civil exiliase e consegue o Premio Nobel  (1956), desta época é Tercera Antolojía.
No seguinte enlace pódese atopar toda a información relativa a vida e á obra de Juan Ramón Jiménez: http://www.fundacion-jrj.es/juan-ramon-jimenez/escucha-a-juan-ramon/
A continuación a versión que fixo o actor Paco Valladares do seu poema "El viaje definitivo." 

28/05/2013

1878: Morre Benito Vicetto.

Añadir leyenda
O 28 de maio de 1878 morría en Ferrol o escritor e historiador galego Benito Vicetto. 
A súa obra máis destacada é Historia de Galicia , peza fundamental para o renacemento da historiagrafía galega, sete tomos que repasan a historia do país desde a Prehistoria ata Isabel II. Tamén é autor  dunha novela en español que acadou renome no seu  momento, Los hidalgos de Monforte, que  conta o enfrontamento entre o Conde de Lemos , leal á raíña Isabel, e os irmandiños do Mariscal Pardo de Cela. Ademais é autor doutros títulos como El caballero verde, El arquero y el rey, Los reyes suevos en Galicia, El lago de LImia e moitas outras obras de historia, ficción e poesía.
Considerábase a si mesmo o fundador do Rexionalimo . 

27/05/2013

1878: Nace Isadora Duncan.


Tal día coma hoxe de 1878 ( ¿77? )nacía en San Francisco (EE.UU.) a bailarina Isadora Duncan. No seu tempo foi unha renovadora da danza non só polas súas túnicas que recordaban as imaxes gregas ,tamén polos seus movementos rítmicos e as súas posturas de estatua. Moitos considérana a creadora da danza moderna. En 1927 publicaba a súa Autobiografía na que explicaba a orixe da súa danza, moi marcada pola música aprendida na casa e polas obras de arte da Grecia Antiga. Tivo unha vida persoal moi tormentosa , chea de traxedias . Sen dúbida, pasou á historia non só por ser bailarina ( ao principio non era aceptada a súa maneira de bailar), senón tamén pola súa tráxica morte que a converteu nun mito: morreu estrangulada polo seu propio foulard que se enredou nas llantas do descapotable no que viaxaba. Un vídeo con algunhas fotografías da súa vida:

26/05/2013

1903: Nace Álvaro Cebreiro.

O 26 de maio de 1903 nacía na Coruña o debuxante galego Álvaro Cebreiro Martínez, un dos máximos representantes da vangarda galega . Empezou moi novo facendo caricaturas para A Nosa Terra. Naqueles anos participa en numerosas publicacións. No ano 1922 escribe e asina o manifesto "¡Máis alá!" xunto co poeta Manuel Antonio, no que apelan á renovación, á "liberación do pasado" na procura de novos camiños de expresión artística e literaria.
No 1923 fúndase en  Lugo a revista Ronsel da que será director artístico , colaborará noutras revistas da Galiza e en El Sol , unha revista madrileña que o dará a coñecer na capital. Nesta época tamén entabla relación con intelectuais portugueses e adicarase a traducir obras ao portugués, sobre todo poesía da vangarda francesa . 
Trala guerra civil sufre o triste exilio interior ata que en 1949 reaparece no certame Cien años de arte en Galicia . A partir de 1950 colaborará habitualmente  no diario "El Ideal Gallego" facendo a tira de humor. No 1953 é nomeado académico da Real Academia Provincial de Bellas Artes da Coruña.
Morrerá no 1956 despois dunha longa doenza pulmonar.
Velaí algunhas caricaturas súas: http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=452