+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

20/06/2013

1933: Morre Clara Zetkin.

  O 20 de xuño de 1933 morría en Moscú Clara Zetkin, unha revolucionaria socialista alemá. 
Ela foi, con Rosa Luxemburgo, a fundadora do Partido Comunista Alemán en 1918 e actuou como representante do mesmo no Parlemento ata 1932, un ano antes do seu falecemento. 
Podemos considerala unha precursora da participación activa das mulleres na vida política, foi unha loitadora incansable a prol dos dereitos das mulleres obreiras e do sufraxio feminino.  Tamén din que foi ela unha das socialistas que propuxeron a creación do Día da Muller Traballadora.

19/06/2013

Garfield cumple 35 anos.


O 19 de  xuño de 1978 vía a luz a banda deseñada de Garfield. O seu autor é Jim Davis e os seus protagonistas son  o propio Garfield, o can  Odie e o seu amo Jon Arbuckle.
 Davis aproveita a tira para facer unha velada crítica social e sacar a colación temas tan serios como o maltrato aos maiores, a apatía social, as dietas ou  a preguiza; todo baixo a tiranía do gato que se converte no amo do fogar escravizando ao seu dono.

17/06/2013

1928: Amelia Earhart atravesa o Atlántico como pasaxeira.

O 17 de xuño de 1928 Amelia Earhart converteuse na primeira muller en realizar a travesía do Atlántico como pasaxeira. Ao mando do avión ían os pilotos Stultz e Gordon que gobernaron a nave durante os 32.000 km que separan Terranova e Gales.  Anos máis tarde , Amelia faría esa mesma travesía en solitario.
Earhart acadou  numerosos retos e o recoñecemento social, o seu exemplo abriu as portas para a normalización da muller no eido da aviación décadas máis tarde.
Deuse por desaparecida nunha das súas viaxes o 2 de xullo de 1937 no Océano Pacífico.

16/06/2013

1963: Valentina Tereshkova,primeira muller cosmonauta

                                                           
Valentina Tereshkova (1937-1999), cosmonauta soviética , foi a primeira muller en facer unha viaxe espacial formando parte da tripulación do Vostok 6 en 1963. O seu nome en clave era "Chaika" ( "gaivota"). Ao comandante non lle gustou o seu comportamento na nave e prohibiulle tomar o control manual da mesma. Tiveron que pasar 19 anos para que outra muller viaxara ao espazo, foi Svetlana Savítskaya. 
Valentina foi unha muller importante na historia da Unión Soviética porque ademais do seu traballo como cosmonautra, aproveitou a súa posición  para facer carreira política e loitar polo movemento feminino soviético , axudar a infancia máis desfavorecida e defender a paz no mundo .
No ano 2009 , despois dunha longa  carreira chea de condecoracións , recibeu no Kremlim o Premio Estatal de Rusia 2008 polas súas aportacións no eido humanístico.