+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

29/06/2013

29 de xuño: Día Mundial do Sono Feliz.

O 29 de xuño celébrase o Día do Sono Feliz que tivo como lema na súa primeira edición "desmontando a Estivill."
O que pretende esta iniciativa é convencer aos pais  e nais de que durmir é algo natural no proceso de madurez dos nenos e nenas e como tal require da axuda e colaboración dos proxenitores debendo ser atendidos cando reclaman a nosa presencia, evitando en calquer caso os métodos conductistas que propoñen "adestramentos" para que os bebés "aprendan" a dormir soíños.
 Esta é a segunda vez que se celebra e agardamos que se manteña para sempre porque durmir forma parte de nós e é tan necesario  para ser felices como comer ou xogar e os nosos fillos e fillas merecen ser felices , non?

28/06/2013

"Rayuela" cumpre 50 anos.

Hoxe cúmprense 50 anos da primeira edición de Rayuela , a famosa novela de  Julio Cortázar.  O libro ten 597 páxinas de narrativa difícil de clasificar, pero foron moitas máis as que se escribiron tentando explicar esta obra mestra da literatura universal.
Cortázar quixo innovar no seu momento e conseguiuno, vaia que si ! 
Agora , a editorial Alfaguara lanza unha edición conmemorativa para celebrar o aniversario. O libro está integrado pola novela de Cortázar e un anexo final que inclúe anacos de cartas de Cortázar nos que o autor fala da  novela cos seus amigos. 
Nunca é tarde para atoparse con Rayuela, é unha experiencia que non debemos deixar pasar.
 Eu creo que é un libro que lle pasa como ao Quijote, que non fai falta lelo de vez para disfrutar del . Podemos abrir Rayuela por calquer capítulo e disfrutar da súa prosa sen máis , sen necesidade de pensar na historia. Internet está cheo de fragmentos de Rayuela, de frases fermosísimas sacadas da novela..., disfrutemos entón da obra.
Parabéns, Rayuela!!! Seguro que seguirá viva dentro doutros cincuenta.

26/06/2013

1908: Nace Salvador Allende.


Tal día coma hoxe de 1908 nacía Salvador Allende. Foi presidente de Chile entre o 4 de novembro de 1970 e o 11 de setembro de 1973. Era un político de esquerdas que intentou conseguir un Estado Socialista, o que chamaron " vía chilena al socialismo". En 1973, a oposición asinou un documento acusando a Allende de violacións á Constitución. Morreu o día en que Pinochet deu un golpe de estado que o subiu ao poder. Din que Allende se suicidou antes de rendirse. O caso é que o querían ver morto por reivindicar a igualdade social e por decir cousas coma estas:




25/06/2013

1903: Nace George Orwell.


Tal día coma hoxe de 1903 naceu o escritor británico de orixe india George Orwell, en realidade era o pseudónimo de Eric Bleir . Exerceu como membro da policía colonial en Birmania despois de estudar no prestixioso colexio Eton, esta experiencia recolleuna en Días birmanos. De volta no continente europeo, andivo dando voltas por Francia e Gran Bretaña traballando no que lle saía, desta aventura sairía Sin blanca en París y Londres. Máis adiante narraría a súa experiencia na guerra civil española na obra Homenaje a Cataluña. Ademais é autor de varios clásicos contemporáneos: Rebelión na granxa na que compón unha fábula mordaz e implacable contra o estalinismo ruso e 1984, na que anticipa unha sociedade automatizada e somedita polo totalitarismo ( nesta novela naceu o famoso concepto de "The big brother", a idea do programa "Gran Hermano").