+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

13/07/2013

1908: Olimpiadas de Londres.

Dorando  Pietri chegando á meta.
O 13 de xullo de 1908 tivo lugar a cerimonia de apertura dos  IV Xogos Olímpicos da Era Moderna que tiveron lugar en Londres. O acontecemento estivo  presidido polo rei Eduardo VII e  nel participaron 2008 atletas( 37 deles mulleres)  de 22 países que por primeira vez desfilaron  por estados.
Un dos momentos máis lembrados desta edición olímpica é a chegada á meta do atleta Dorando Pietri na proba de Maratón que despois de 42 km , a piques de caer, desorientado, sen saber por onde seguir, foi axudado a cruzar a liña polos fiscais de pista e a continuación desmaiouse. Os xuíces descalificárono e perdeu o seu título. A raíña Alexandra para compensar o seu esforzo  regaloulle unha copa de ouro.